ACT TV 2018

ENTREVISTAS

24 Mai 2018

"Entrarmos na quenda do medio sería un broche de ouro"

"Entrarmos na quenda do medio sería un broche de ouro"

Aitor Sautu, técnico de Kaiku Producha desvelounos cal é o seu maior obxectivo para esta tempada e comentou as mudanzas que sufriu o seu equipo

Falta exactamente un mes para dar comezo a Eusko Label Liga 2018 e para amenizar esta intensa espera entrevistamos a Aitor Sautu, adestrador de Kaiku Producha, que nos falou sobre o seu equipo e os seus obxectivos.

O adestrador comezou a falar da situación actual da súa traiñeira xa que este ano “na traiñeira hai unha mistura de veteranía, con catro ou cinco remeiros que levan bastantes anos na ACT, e mocidade. Tamén hai xente que voltou ao remo despois de o ter feito durante anos e contamos no equipo con seis remeros do plantel do ano pasado”. En canto á pretempada que están desenvolver afirmou que “a tempada comezou con dúbidas, había bastante incertidume no tema económico e deportivo” ao que engade que “fixemos cinco descensos en pretempada e os dos últimos xeráronnos bastante dúbida cos postos que conseguimos”.

A Eusko Label Liga non é unha competición fácil e os rivais son cada ano máis fortes. Con respecto aos contrincantes desta temporada, o técnico de Kaiku Producha asegura que “na Eusko Label Liga este ano pode haber dúas ligas; Os catro principais do ano pasado, a quen se lles poden unir Donostiarra e Santurtzi Iberdrola e o resto aí andaremos pelexando”.

Malia ter un equipo xoven, Aitor Sautu afirma que “hai actitude e ganas no vestiario e a máxima predisposición para facer ben todos os adestramentos”. En canto aos seus obxectivos asegura que “Kaiku Producha é un club con tradición e historia e entrarmos na quenda do medio sería un broche de ouro para esta tempada”.  

Voltar