Novas 2015

ASOCIACION

21 Xan 2015

Encontro de socios este sábado en Oiartzun

Encontro de socios este sábado en Oiartzun

A elección do Presidente e da súa Xunta Directiva, así como a aceptación como socio de Samertolameu, os puntos máis salientábeis da Asemblea

A sede que a ACT ten en Oiartzun será testemuña este sábado 24 de xaneiro a partir das 10.00 horas da primeira Asemblea de socios do ano. Entre os puntos a falar neste encontro destacan a aprobación das contas anuais do pasado ano; a aprobación, de proceder, da xestión da Xunta Directiva da ACT; ou a ratificación do novo socio, Samertolameu, e a conseguinte perda da condición de asociado por parte de Pedreña

Ademais, levarase a cabo a elección do Presidente e da Xunta Directiva de cara 2015; así como a aprobación da presentación do aval polos asociados para a vindeira campaña. Tamén se procederá á aprobación das modificacións da normativa da ACT en materia antidopaxe e disciplinario, en base á adaptación realizada no novo Código Mundial Antidopaxe da WADA-AMA.

Voltar