ACT TV 2016

ESPECIAL

21 Xul 2016

Encontro coa elite en Boiro

Encontro coa elite en Boiro

A localidade coruñesa voltará pór este domingo en xogo a XXVI Bandeira Concello de Boiro a partir das 12.00 horas

Boiro acollerá este domingo a partir das 12.00 horas a novena xornada da batalla pola Coroa CaixaBank, pechando así a fin de semana galega da Liga San Miguel. A XXVI Bandeira Concello de Boiro desputarase nun campo de regateo de tres millas náuticas, con catro longos e tres ceavogas. Ao se desputar esta xornada en domingo, a composición das quendas dependerá do acontecido no día anterior en Moaña, na XXXIV Bandeira Concello de Moaña – VI GP Fandicosta, polo que as quendas se definirán unha vez se saiba a clasificación final desta regata. O campo de regatas seguirá sendo o habitual, ao pé do espigón de Cabo, mentres que a fan zone estará ubicada a carón do club de remo.

Esta mañá no salón de plenos do Concello de Boiro levouse a cabo o acto de presentación desta XXVI Bandeira Concello de Boiro. O encontro estivo presidido por Juan José Dieste, Alcalde de Boiro, e Daniel Váquez, directivo de Cabo. Dieste quixo salientar o nivel desta Liga San Miguel, e o importante que é para Boiro acoller un ano máis esta xornada do calendario da competición e poder ter a súa embarcación competindo ao longo de todo o verán nela.

Voltar