ACT TV 2017

ESPECIAL

29 Xu˜ 2017

Emoción en cada parte da clasificación

Emoción en cada parte da clasificación

Os xornalistas que cubren a actualidade da Eusko Label Liga analizan o que pode pasar nesta tempada
 

Achégase a primeira regata da Eusko Label Liga 2017. Pero antes de dar comezo á gran batalla, onde 12 traiñeiras loitaran por se faceren coa Coroa CaixaBank, temos o costume de consultarmos aos que no día a día seguen a actualidade do remo. Este ano, os xornalistas que nos transmitiron a súa visión da nova tempada son: Alfonso Herrán (Diario AS), Imanol Arruti (Onda Vasca), Jokin V. de Lecea (Deia) e Oskar Ortiz de Guinea (El Diario Vasco).

Todos coinciron en que na parte de riba da clasificación, a loita se desputará entre Hondarribia e Urdaibai Avia, e que Orio Babyauto, tamén, terá moitas opcións de lles desputar as bandeiras. Herrán cre que “pode que sexa Astillero quen teña máis complicado” manterse na Eusko Label Liga. Pola súa banda, o xornalista de Deia salienta, que “aos equipos como Kaiku Producha, Zierbena Bahías de Bizkaia e San Juan Sumelec benefíciaos máis competiren na segunda quenda”, porque dese xeito, terán máis opcións de gañaren algunha bandeira. Por outra banda, Ortiz de Guinea afirma que os clubs galegos, como Cabo ou Tiran Pereira “son proxectos capaces de mantérense” nunha zona tranquila da clasificación, malia a dura competencia desta competición. Por último, en canto aos equipos recén ascendidos, predomina a incertidume. Aínda así, Arruti aposta por Ondarroa Cikautxo, e di que “anda máis do que algúns pensan”.​​

Voltar