Novas 2021

ASOCIACION

09 Xu˜ 2021

EITB seguirá a ser a grande xanela da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren

EITB seguirá a ser a grande xanela da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren

Borja Rodrigo, presidente da Asociación de Clubs de Traiñeiras, e Andoni Aldekoa, director xeral de EITB, asinaron un novo convenio de catro anos na sede de EITB en Bilbao, hoxe, 9 de xuño. 

EITB e a Asociación de Clubs de Traiñeiras renovaron este mércores, 9 de xuño, o convenio para a retransmisión das regatas dos vindeiros catro anos. Na sede da EITB en Bilbao, o director xeral de EITB Andoni Aldekoa e o presidente da ACT Borja Rodrigo asinaron o acordo que permitirá que EITB siga a ser a xanela do remo vasco, botando man da tecnoloxía máis avanzada, para lle dar a este deporte a máis ampla difusión e consolidar a alianza de EITB co mundo das traiñeiras e os seus seguidores e seguidoras.

A tempada de regatas comezará o 3 de xullo na Coruña e rematará o 19 de setembro en Portugalete. Todas as xornadas das dúas competicións principais, a Liga Euskotren femenina e a Eusko Label masculina, poderán seguirse a través dos medios de EITB: a retransmisión televisiva emitirase a través de ETB1 e eitb.eus, e a radiofónica en Euskadi Irratia e Radio Euskadi.

Na Liga Eusko Label desputaranse 18 bandeiras e como cada ano dirimiranse dúas xornadas de playoffs. Na Liga Euskotren serán 10 as bandeiras que se xoguen este ano e dúas xornadas de playoffs. 

Mikel Olazabal, Ibon Gaztañazpi e Sara Gandara estarán á frente da retransmisión televisiva. Manu Maritxalar é o responsábel das emisións de remo en Euskadi Irratia, acompañado por Patxi Egurrola. En Radio Euskadi o xornalista Asier Kareaga conta coa colaboración do experto Mikel Ojeda.
 
Grande desenvolvemento tecnolóxico
EITB preparou un amplo equipo humano e tecnolóxico para a cobertura da tempada de regatas, coa finalidade de lle trasladar á audiencia toda a épica e espectacularidade das probas. Coa axuda dunha tecnoloxía innovadora ofreceranse as regatas acompañadas de imaxes da natureza e dos fondos mariños das nosas costas, así como un seguemento rigoroso das probas con datos exhaustivos e imaxes únicas.

A natureza terá por tanto unha importancia especial. Co obxectivo de enriquecer a retransmisión e afondar nas análises, Euskal Telebista ofrecerá as batimetrías dos fondos mariños vascos, quere dicir, infografías submariñas que en colaboración con AZTI, ofrecerán o perfil submariño da nosa costa. As rochas, as correntes, as mareas e outros moitos elementos axudarán a comprender mellor a influencia que o fondo mariño terá no transcurso das regatas.
Un programa en directo dunha duración aproximada de dúas horas é froito do intenso traballo dun equipo de máis de 30 profesionais, entre as e os membros dos equipos de realización, produción e enxeñaría, persoal de cámara e de son e xornalistas.

Tamén, moitos dos medios utilizados recollen imaxes dende as traiñeiras, xa que se instala unha pequena cámara na popa e outra no catamarán. Ademais, a cámara do helicóptero proporciona a perspectiva aérea da regata e tamén da xeografía da costa e da vila onde acontece a proba. Outra das cámaras viaxa nunha das embarcacións que seguen a regata para ofrecer en directo entrevistas aos deportistas e adestradores protagonistas da xornada.

Ademais da espectacularidade da imaxe, outro dos elementos que fai atractiva a retransmisión da regata é o audio. Os telespectadores escoitan as voces dos remeiros e son testemuñas en primeira persoa do tremendo esforzo que realizan en cada regata a través dos micrófonos instalados nas traiñeiras.

A todo isto, súmase a rigorosidade dos datos, entre os que salientan as estatísticas que se ofrecen ao vivo, os resultados, a clasificación, os tempos ou as retrospectivas históricas. Tamén, a infografía co posicionto GPS das traiñeiras vai actualizándose ao instante e o anemómetro instalado no catamarán transmite a medición do vento en directo.

Voltar