Novas 2016

ESPECIAL

08 Xu˜ 2016

"Dous favoritos claros para se faceren coa Liga San Miguel"

"Dous favoritos claros para se faceren coa Liga San Miguel"

Os reporteiros que cobren a actualidade da Liga San Miguel tráennos as predicións sobre a tempada que se aveciña
 

Faltando once días para que as embarcacións comecen a vogar por augas sevillanas, os xornalistas comezan a amosar os seis prognósticos. Varios reporteiros que seguen con empeño a Liga San Miguel, achegáronnos as súas impresións logo do visto durante a pretempada. É o caso de Imanol Arruti, de Onda Vasca; Oskar Ortiz de Guinea, de El Diario Vasco; e Roberto Ramajo, da Cadena Ser. Todos eles, coinciden en que tanto NT2 Hondarribia, como Urdaibai Avia son os dous claros favoritos para conseguiren a Coroa CaixaBank en propiedade. Porén, prevén unha tempada máis igualada, se cabe, que a do ano pasado.

Imanol Arruti, coloca na quenda de honra as mesmas catro traiñeiras da tempada pasada. Tamén, pensa que “Cabo, Tirán Pereira e Zierbenas Bahías de Bizkaia poden dar algunha sorpresa eventual”. Por outra banda, Oskar Ortiz de Guinea pensa que este ano será “máis igualado que o ano pasado”. O xornalista do Diario Vasco indica que “a loita por remar na Segunda Quenda será espectacular”, e coloca a San Pedro como unha das "revelacións” da tempada.

Roberto Ramajo, pensa que a “tempada será moi intensa até o final”, posto que, “este ano vamos a ter pelexa por eludir o descenso”. Para evitar esta situación, o reporteiro irundarra, asegura que “a chave da tempada pasa por comezar ben e obter o máximo de puntos nas primeiras xornadas”.

Finalmente, a respecto da Liga Euskotren, os xornalistas coinciden en que este pode ser o ano en que Hibaika Jamones Ancín acabe coa supremacía de San Juan Iberdrola.

Voltar