ACT TV

ENTREVISTAS

11 Xul 2020

Donostiarra Amenabar leva a súa primeira bandeira

Donostiarra Amenabar leva a súa primeira bandeira Donostiarra Amenabar leva a súa primeira bandeira

A “Bantxa” exhíbese na VIII Bandeira CaixaBank e Orio fai o mesmo na categoría feminina. Santurtzi Transportes y Gruas Aguado é o novo líder da Eusko Label Liga

Así que comezou a competición, Donostiarra Amenabar colleu a proa da regata. Dentro da baía, malia Orio aguantarlle o ritmo, en saíndo da baía non tardou en dar fuxido. Así, vogou practicamente soa no resto da regata. Ainda tendo un problema co remo pequeno na última ceavoga, e de leváreno pendurado no último longo, conseguiron unha diferenza considerábel para marcar un tempo de 20: 53.02 na meta. Santurtzi Transportes y Gruas Aguado foi segundo na liña de meta. Na segunda parte, puideron superar a Orio cun tempo de 21: 03.92. Grazas a chegaren antes que os “aguiluchos”, os biscaínos son os novos líderes da Eusko Label Liga. Os oriotarras, ainda que colleron unha onda nos últimos metros, no puideron manter o liderado e lograron un tempo de 21: 04.28 na meta. Na quenda de honra, Urdaibai Avia amosouse incapaz de aguantar o ritmo dos demais. Sempre vogou por detrás, e no fin, logrou o sexto posto do día cun tempo de 21:19.12.


Na primeira quenga, Lekiitarra Elecnor deu a sorpresa. Na última ceavoga vogaban á altura con Zarautz Babyauto. Grazas ao seu bo traballo de volta, e aos problemas dos zarauztarras, conseguiron aumentar a diferenza. No fin, marcaron un tempo de 21: 14.72 na meta. Os zarauztarras, porén, perderon tempo cos biscaínos no último longo, e chegaron á meta cun tempo de 21: 20.66, logrando a sexta posición do día. Na quenda, Ares comezou ben, mais na metade do traballo escapáronselles as dúas tripulacións, e remataron na décima posición cun tempo de 21: 40.50. Kaiku Vusa ficou sen opcións dende o comezo e rematou a regata cun tempo de 22:02.16.


Na segunda quenda, no puideron mellorar o tempo da Lekittarra. Cabo estivo á altura de Go Fit Hondarribia dende o comezo e grazas ao bo traballo na volta, conseguiron deixar atrás a tripulación guipuscoana. Os galegos remataron ben o seu traballo, sempre á procura do tempo da Lekittarra. No remate, chegaron dous segundos por baixo, cun tempo de 21: 16.72. Zierbena Bahías de Bizkaia tamén se adiantou á "Ama Guadalupekoa" grazas ao bo traballo realizado a partir da segunda ceavoga e até o fin. Así, os biscaínos remataron oitavos cun tempo de 21: 24.16, por diante dos hondarribitarras (21: 25.14). Ondarroa Cikautxo ficou atrás, sen poderen aguantar o ritmo das outras tres traiñeras, e remataron a regata cun tempo de 21: 50.12, por diante de Kaiku.


Outra exhibición de Orio
Orio fixo unha nova exhibición na V Bandeira Caixabank. Dende o comezo, malia competiren coa Donostiarra, á saída da baía, conseguiron deixar atrás os donostiarras. Donostia Arraun Lagunak e Donostiarra foron á altura da traiñeira até a ceavoga, mentres Hondarribia Bertako Igogailu foi detrás. As líderes da Liga Eusko Tren saíron ben da ceavoga e voltaron soas, marcando un tempo de 11:34 na meta. As Arraun Lagunak tamén saíron ben da ceavoga, e aínda que conseguiron achegarse a tres segundos, no fin chegaron a meta a case 5 segundos do oriotarra (11:38). A donostiarra saiu mal da ceavoga e uniuse ás hondarrabitarras e conseguiu adiantalas. As mozas de Iker Cortés conseguiron deixar atrás a Donostiarra, pero non puideron acadar a embarcación de Arraun Lagunak e marcaron un tempo de 11:44. A Donostiarra chegou por detrás, cun tempo de 11:45. De cara á clasificación, Orio tamén deu un salto importante e ten cinco puntos de vantaxe sobre a Donostiarra e estas un punto sobre Hondarribia.

Mañana en Zierbena
Mañá, as ligas Eusko Tren e Eusko Label desprazaranse a Biscaia. Desputarán as XXXVII e IV Banderas Petronor. A competición feminina comezará ás 11:40 horas e a masculina ás 12:00 horas.

Voltar