Novas 2020

ESPECIAL

14 Ago 2020

Dobre ración de remo en Zarautz

Dobre ración de remo en Zarautz Dobre ración de remo en Zarautz

Esta fin de semana porase en xogo a dobre xornada da Zarauzko XLIII. e XII. Ikurriñak nas augas da localidade guipuscoana

Esta fin de semana chega á Liga Eusko Label e á Liga Euskotren un dos encontros estivais máis agardados por deportistas e amantes do remo. Unha desas regatas que todos os anos están marcadas en vermello no calendario por todos os clubs da máxima categoría do remo. Falamos da Zarauzko Ikurriña, que esta fin de semana servirá para pór en xogo a décimo primeira e décimo segunda xornadas de ambas competicións, e para pórlle o peche á Liga Euskotren 2020.

A xornada do sábado comezará ás 17:40 coa desputa da primeira xornada da Zarauzko XII. Ikurriña feminina, onde Orio Arraunketa Elkartea, Donostiarra Lacturale, Donostia Arraun Lagunak e Hondarribia Bertako Igogailuak voltarán medírense nun percorrido dunha milla náutica e media (2.778 metros), con dous longos e unha ceavoga. Unha vez rematada, as embarcacións da Liga Eusko Label competirán sobre unha distancia de tres millas náuticas (5.556 metros) divididas en catro longos con tres ceavogas. As tres quendas masculinas estarán organizadas en base á clasificación xeral da loita pola Coroa CaixaBank, polo que Kaiku Vusa, CR Ares, Zarautz Babyauto e Ondarroa Cikautxo estarán na primeira quenda. Na segunda quenda remarán Lekittarra Elecnor, Cabo, Zierbena Bahías de Bizkaia e GO fit Hondarribia. Por último, na quenda de honra teremos a Donostiarra Amenabar, Santurtzi Transportes y Grúas Aguado, Orio Arraunketa Elkartea e Bermeo Urdaibai Avia.

O domingo, a competición voltará coa segunda xornada da Zarauzko XLIII. e XII. Ikurriñak. A do domingo será a décimo primeira e derradeira xornada da competición feminina onde logo da regata se coroará a Orio Arraunketa Elkartea por segunda vez como vencedoras da Liga Euskotren. A seguir, desputarase a segunda xornada da Zarauzko XLIII. Ikurriña da Liga Eusko Label. As traiñeiras estarán divididas nas tres quendas, en base á clasificación final da regata do sábado.

Orio Arraunketa Elkartea (22’23”04) e GO fit Hondarribia (40’12”78) venceron na pasada edición desta bandeira, e os récords deste campo de regatas están en mans de Getaria-Tolosa (2011, 21’15”22) e Castro (2008, 38’56”72).

A Liga Eusko Label chega a este momento da competición moi apertada en todos os frentes da clasificación. Bermeo Urdaibai Avia chega líder ao encontro de Zarautz con 97 puntos, seguido por Orio Arraunketa Elkartea con 93 e Santurtzi Trasnportes y Grúas Aguado e Donostiarra Amenabar con 92. GO fit Hondarribia abre a segunda quenda con 84 puntos e acompáñana Zierbena Bahías de Bizkaia con 78 puntos, Cabo con 62 puntos e Lekittarra Elecnor con 44 puntos. A parte baixa está en vermello, onde todo está por se decidir. Ondarroa Cikautxo é noveno con 39 puntos, seguido por Zarautz Babyauto con 38 puntos, CR Ares con 36 puntos e Kaiku Vusa, que pecha a clasificación con 25 puntos.

Manuel Triñanes de Cabo, e Iñigo Larrinaga de Ondarroa Cikautxo están empatados no máis alto da clasificación do Mellor Patrón CaixaBank con 8 puntos, seguidos por Oscar Hermo, tamén de Cabo, con 5.

Orio Arraunketa Elkartea chega co título asegurado a Zarautz, a liderar a competición con 38 puntos. Donostiarra Lacturale é segunda con 30 puntos e pechan a táboa Donostia Arraun Lagunak con 19 e Hondarribia Bertako Igogailuak con 16. En canto á táboa da Mellor Patroa, Natalia Tubio de Donostiarra Lacturale mantén a primeira posición con 18 puntos, seguida por Nadeth Agirre de Orio Arraunketa Elkartea, con 17 puntos.

Voltar