ACT TV 2018

ESPECIAL

16 Ago 2018

Dobre encontro en Zarautz

Dobre encontro en Zarautz Dobre encontro en Zarautz

A Eusko Label Liga voltará vivir a clásica dobre xornada en augas zarauztarras o vindeiro fin de semana

Un ano máis, Zarautz é encontro indispensábel no calendario da Eusko Label Liga. A bandeira de XLI Zarauzko Estropadak voltará pór en xogo esta fin de semana coa xa clásica dobre xornada repartida entre sábado e domingo. Tamén estarán presentes en augas zarauztarras as embarcacións da Liga Euskotren que desputarán a X Zarauzko Ikurriña coa que pecharan o vixente curso no que se impuxo San Juan Iberdrola. 

A Eusko Label Liga chega ao encontro de Zarautz máis aberta que nunca nesta tempada tras o fin de semana pasado no que ningunha das dúas bandeiras postas en xogo foron para a embarcación líder da Liga, a Bou Bizkaia. Zierbena Bahías de Bizkaia e Cabo sorprenderon a propios e extraños en Ondarroa e Hondarribia o que aumentou a motivación en todas as embarcacións de cara a prestixiosa proba deste fin de semana. Orio Babyauto impúxose na edición do ano pasado e o récord do campo de regatas teno Castro, que no ano 2008 sumou entre as dúas xornadas un tempo de 38'56"72.

Na presentación que tivo lugar nesta mañá o Restaurante Karlos Argiñano fíxolle entrega a Joseba Fernández, adestrador de Urdaibai Avia,  do tradicional galardón á embarcación que chegou líder ao ecuador da tempada. Nese mesmo acto estiveron presentes  Xabi Zubiri; Director de Marketing e Comunicación da ACT, Xabier Txurruka; Alcalde de Zarautz; Jon Artola Presidente de Zarautz Arraun Elkartea y Ixidor Larrañaga concelleiro de turismo de Zarautz.

Consulta o dossier da regata

Voltar