Novas

ESPECIAL

11 Ago 2020

Dobre encontro coa gloria en Zarautz

Dobre encontro coa gloria en Zarautz

Esta fin de semana desputaranse a Zarauzko XLIII. e XII. Ikurriña a dobre xornada na localidade guipuscoana

Agosto vai rápido e xa temos un novo encontro da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren. Esta fin de semana é a vez dun dos encontros míticos do verán, ese que todos os equipos e remeiros e remeiras teñen marcado en vermello nos seus calendarios, a Zarauzko XLIII. e XII. Ikurriñak, correspondentes á décimo primeira e décimo segunda xornadas de ambas competicións. Como vén sendo habitual, esta bandeira desputarase a dobre xornada o 15 e 16 de agosto en augas da localidade guipuscoana. Cómpre lembrar que aínda que a bandeira a leve o mellor tempo acumulado das dúas xornadas, os clubs recibirán puntos para a clasificación xeral cada un dos dous días.

A de Zarautz é unha Ikurriña que nos acompaña dende os comezos da ACT, que pasou a se competir a dobre xornada a partir do 2006. Daquela en diante, a localidade guipuscoana acolle a máxima categoría do remo cada ano en agosto.

A acción comezará no sábado ás 17:40 horas coa desputa da primeira xornada da Zarauzko XII. Ikurriña da Liga Euskotren, Orio Arraunketa Elkartea, Donostiarra Lacturale, Donostia Arraun Lagunak e Hondarribia Bertako Igogailuak loitarán no primeiro asalto por este prestixioso ‘trapo’. Farano cubrindo unha distancia dunha milla náutica e media (2.778 metros), con dous longos e unha ceavoga.

A seguir, chegará a vez das embarcacións masculinas, que competirán nun percorrido de tres millas náuticas (5.556 metros), divididos en catro longos con tres ceavogas. As tres quendas estarán divididas en base á clasificación xeral da Liga Eusko Label, polo que na primeira quenda teremos a Kaiku Vusa, CR Ares, Zarautz Babyauto e Ondarroa Cikautxo. Na segunda quenda estarán Lekittarra Elecnor, Cabo, Zierbena Bahías de Bizkaia e GO fit Hondarribia. Por último, na quenda de honra competirán Donostiarra Amenabar, Santurtzi Transportes y Grúas Aguado, Orio Arraunketa Elkartea e Bermeo Urdaibai Avia.

Xa no domingo, a loita voltará ter lugar no mesmo campo de regatas. Ás 11:40 horas comezará a última xornada da Liga Euskotren, onde ademais de descubrirmos quen levará a Zarauzko XII. Ikurriña, tamén se entregará a Orio Arraunketa Elkartea, o Trofeo Euskotren e o maillote de CaixaBank que as acredita como campioas da competición feminina.

E para lle pór a guinda a unha espectacular fin de semana de remo en augas de Zarautz, a seguir despútase a segunda xornada da Zarauzko XLIII. Ikurriña da Liga Eusko Label. Para esta regata, as quendas estarán conformadas en base á clasificación final da xornada do sábado.

Voltar