Novas

ESPECIAL

20 Set 2020

Deica o vindeiro ano Liga Eusko Label!

Deica o vindeiro ano Liga Eusko Label!

O presidente da ACT Borja Rodrigo valora e agradece ter podido sacar adiante a Liga Eusko Label 2020

"Hoxe pomos punto final á tempada de traiñeiras 2020. Da ACT compartimos con todo o noso contorno a alegría por termos logrado sacar adiante a EUSKO LABEL LIGA e a loita pola Coroa CAIXABANK nunhas circunstancias tan especiais e tan difíciles.

Demos un grande exemplo e fomos un referente durante todas e cada unha das 30 xornadas desputadas (18 da Liga Eusko Label e 12 da Liga Euskotren). Satisfacción e mérito grazas ao traballo, esforzo, dedicación e comportamento riguroso de todas as persoas que facemos parte da ACT.

Oxalá que o vindeiro ano nos vexamos de novo nunhas circunstancias normais e rodeados de toda a afección.

Grazas a todos e todas."

Voltar