Novas 2013
COMPETICION
04 Xul 2013
DE SANXENXO A MOAÑA, MUDANZA DE RIA: DA DE PONTEVEDRA Á DE VIGO
Moaña, berce dos galegos de Tirán, acolle a 5ª regata puntuábel da Liga San Miguel
Este mediodía presentouse a XXXI BANDEIRA CONCELLO DE MOAÑA – III GP FANDICOSTA, que se ha disputar na localidade pontevedresa de Moaña o vindeiro domingo 7 de xullo. A presentación levouse a cabo no Concello de Moaña, e estivo presidida polo Alcalde de Moaña, Sr. José Fervenza. Tamén contou coa presenza da o concelleiro de deportes do Concello de Moaña, Jorge Santomé, o presidente do Club SD Tirán, Manuel Mora, e os representantes de Fandicosta, patrocinador da regata, os Sres Borja Tenorio e Javier Orje.
Lembramos que a regata dará comezo ás 12h00 do mediodía, e que as quendas se estabelecerán en base á clasificación da regata da véspera, celebrada en Sanxenxo. Repartiranse 22.500 euros en premios. A caravana da Liga percorrerá apenas 40 quilómetros para se trasladar da ría de Pontevedra á de Vigo. Os azuis de Tirán-Pereira vogarán coa forza que lles transmitan os seus veciños dende a costa, e sen dúbida serán unha das embarcacións a seguir na loita pola Bandeira.