ACT TV 2016

ENTREVISTAS

09 Mar 2016

"Dar outro pasiño máis"

"Dar outro pasiño máis"

O adestrador de San Juan Iberdrola, Joseba Fernández, analiza a pretempada da traiñeira sanjuandarra e proponse dar outro pasiño máis para lograr entrar na quenda de honra

A traiñeira de San Juan encetou a pretempada chea de positivismo e coa ilusión de encarar unha nova tempada da Liga San Miguel coas forzas cargadas. O técnico, Joseba Fernández, valora o seu equipo na pretempada do que vai ser unha trepidante batalla pola Coroa CaixaBank.

Despois de ficar na 5º posición na clasificación da Liga San Miguel na pasada campaña, o adestrador de San Juan Iberdrola proponse “seguir na escalada dos anos anteriores e dar un pasiño máis para chegar a estar entre os mellores”.  Para lograr o obxectivo de entrar na quenda de honra o plantel estará composto "pola base continuista de 2013 e algunhas incorporacións da canteira”, di o adestrador sanjuandarra.

Malia a ilusión que amosa o preparador por estar entre os mellores na Liga San Miguel, di que “Hondarribia e Urdaibai están por riba do resto de traiñeiras”, mais “detrás destes ábrese un abano moi grande con Orio, Kaiku, Cabo da Cruz, Zierbena e Tirán; nós temos que estar nesa pelexa”.

Non é tarefa doada lograr estar entre os mellores e loitar pola Coroa CaixaBank, mais seguindo o sinal de identidade sanjuandarra de  “traballo diario, disciplina e a unión de equipo”, o reto semella atractivo á traiñeira de San Juan

Voltar