ACT TV 2021

ESPECIAL

02 Xu˜ 2021

Concurso BM: Lekittarra Elecnor

Concurso BM: Lekittarra Elecnor

Aketza Cordovilla e Ibai Capanaga estrean o concurso de debuxo

Os remeiros de Lekittarra Elecnor, Aketza Cordovilla e Ibai Capanaga, son os primeiros participantes do concurso BM. Esta tempada, os concursantes deberán demostrar as súas habilidades no xogo de “pinturillo”, onde competirán contra todos os participantes tanto da Liga Eusko Label como da Liga Euskotren. 

Neste primeiro capítulo, Aketza tentará plasmar no papel os obxectos que se reflicten nas tarxetas, onde se atoparán diferentes produtos que se poden comprar nos supermercados de BM. Tamén hai tarxetas con diferentes “intrusos”, ligados ao mundo do remo. Pola súa banda, Ibai terá que adiviñar a que produto se refiren os debuxos realizados polo seu compañeiro. 

Terán un minuto para poderen adiviñar as 10 tarxetas que teñen ao seu dispór. A parella que máis acerte, levará o premio final de Supermercados BM.
Serán quen de atinaren algunha?

Voltar