Novas

ESPECIAL

15 Set 2021

Concurso BM: Bermeo Urdaibai Avia

Concurso BM: Bermeo Urdaibai Avia

Luis Gonzalez e Carlos Mañas son os representantes da Bou Bizkaia no concurso BM

No último capítulo do Concurso BM participan os remeiros de Bermeo Urdaibai Avia, que desputarán a regata na casa esta fin de semana. O seu obxectivo será, igual que na segunda xornada da Bandeira Cidade da Coruña conseguiren a vitoria, e superaren así os catro acertos dos remeiros de Zarautz Gesalaga Okelan e CR Ares. En superando os catro acertos, os remeiros da Bou Bizkaia gañarían o concurso no que participan os equipos da Liga Eusko Label e máis da Liga Euskotren, e levarían o premio final.

Luis González e Carños Mañas son os participantes do derradeiro capítulo do Concurso BM, no que procurarán acertar os produtos que podemos atopar nos supermercados que se agachan nos cartóns, con algúns intrusos do mundo do remo. Conseguirán os remeiros da Bou Bizkaia levar a mellor vitoria da tempada? Serán quen de superaren os catro acertos? 

Mete “play”, e goza do CONCURSO BM!
 

Voltar