Novas 2013
DISCIPLINA
20 Ago 2013
COMUNICACIÓN SANCIÓN DISCIPLINARIA
A sanción imposta garda ligazón con determinada incidencia contida na acta da regata subscrita polo Xurado de Regata da Bandeira de Marina de Cudeyo – GP Dynasol celebrada en Pedreña o día 13 de xullo de 2013.
Mediante Resolución do Xuíz de Disciplina da ACT de 19 de agosto de 2013 impúxose sanción de inhabilitación de 11 regatas para tomar parte en actividades e regatas da ACT e multa accesoria de 800 euros a D. José Luis Korta (pertencente a Kaiku AKK) pola comisión dunha infracción grave prevista no art. 14 apartado d) do Regulamento de Disciplina da asociación. A sanción imposta garda ligazón con determinada incidencia contida na acta da regata subscrita polo Xurado de Regata da Bandeira de Marina de Cudeyo – GP Dynasol celebrada en Pedreña o día 13 de xullo de 2013.
Conforme o art. 20 apartado 3º do Regulamento de Disciplina da ACT, a inhabilitación para tomar parte en actividades e regatas organizadas pola ACT supón que, vixente a sanción, o sancionado:
a) Non poderá acceder a actos ligados coas regatas da ACT (por exemplo, reunión de delegados) ou sesións e reunións dos órgaos asociativos.
b) Non poderá ser inscrito -en ningún estamento- na listaxe de inscripción que o club ao que pertenza presente nas regatas da ACT nin acceder ás distintas áreas delimitadas das regatas (por exemplo, a área de delegados).
c) Non poderá acceder ao campo de regatas ou ás súas proximidades (mar, ría, etcétera) en ningún tipo de embarcación -quer sexa para realizar labores de apoio, asesoramento, asistencia, ou similares á tripulación do club ao que pertence; quer sexa para presenciar a regata desde o propio campo de regatas ou as súas proximidades-. Isto é, se o sancionado se atopase presente no lugar onde se celebra unha regata deberá permanecer en terra firme (peiraos, espigóns, portos, praias, etcétera).
O incumprimento do sinalado, que poderá ser acreditado polos xuíces-árbitros ou membros do Comité de Competición da ACT na acta correspondente, terá a consideración de incumprimento ou quebranto de sanción, sendo isto susceptíbel da imposición de nova sanción.