Novas 2013
DISCIPLINA
07 Ago 2013
COMUNICACIÓN SANCIÓN DISCIPLINARIA
Sanción de multa de 300 euros ao deportista D. Enrique López.
Mediante Resolución do Xuíz de Disciplina da ACT de 6 de agosto de 2013 foi imposta sanción de multa de 300 euros ao deportista D. Enrique López (pertencente á SDR Astillero) pola comisión dunha infracción leve prevista no art. 15 apartado a) do Regulamento de Disciplina da asociación. A sanción imposta garda ligazón con determinada incidencia contida na acta da regata subscrita polo Xurado de Regata da Bandeira Concello de Moaña – GP Fandicosta celebrada o día 7 de xullo de 2013.