Novas 2015

COMPETICION

24 Xul 2015

Chegando ao ecuador da tempada

Chegando ao ecuador da tempada

Este fin de semana desputaranse a III Bandeira Praias de Noja e a Getxoko Estropaden XXXVII. Ikurriña – J.A. Aguirre Lehendakariaren XI. Omenaldia

Esta semana a competición estival achégase ao seu ecuador coa desputa da oitava e máis da novena xornadas da Liga San Miguel en Noja e Getxo. O sábado ás 18:00 horas, as embarcacións viaxarán a terras cántabras para desputar a III Bandeira Praias de Noja. O domingo, porén, a partir das 12:00, a competición trasladarase a Getxo para pór en xogo a Getxoko Estropaden XXXVII. Ikurriña – J.A. Aguirre Lehendakariaren XI. Omenaldia. No caso da Liga Euskotren, porase en xogo a quinta e a sexta xornadas da competición, onde se desputarán a Bandeira Feminina Praias de Noja e a Getxoko Estropaden VII. Ikurriña.

A Liga San Miguel vén de protagonizar unhas últimas regatas moi emocionantes que deixaron a clasificación do seguinte xeito: NT2 Hondarribia segue no liderado con 81 punto, seguido por Urdaibai Avia e Orio Babyauto, con 69 e 58 puntos respectivamente. No que respecta á clasificación ao Mellor Patrón “la Caixa”, Irakoitz Etxeberria, patrón de Orio Babyauto, ponse no primeiro posto con 12 puntos, seguido por Asier Zurinaga, patrón de Kaiku Producha, con 9 puntos. A Liga Euskotren tamén chega chea de emoción coa loita polo liderado moi axutada. Zumaia Salegi Jatetxea lidera a clasificación con 14 puntos, os mesmo que San Juan Iberdrola, en segunda posición. Hibaika Jamones Ancín colócase en terceira posición con 7 puntos e Orio Babyauto, cuarta, con 5 puntos.

A Liga San Miguel desputou, até o día de hoxe, dúas regatas nas augas das praias de Noja. En 2004, Urdaibai Avia fíxose coa vitoria con un tempo de 17'38”29, e unha vantaxe de 4”01 sobre o segundo clasificado, Astillero. O ano pasado, NT2 Hondarribia levou para a casa a II Bandeira Praias de Noja con unha marca de 19'31”06, e Urdaibai Avia chegou en segunda posición a 3”22. Así pois, este sábado desputarase a terceira edición desta regata, a III Bandeira Praias de Noja, onde os 12 participantes enfrontarán un campo de regatas de tres millas náuticas, con catro longos e tres ceavogas. A composición das quenda para esta regata farase en base á clasificación xeral da Liga San Miguel, polo que na primeira quenda estarán Samertolameu Rodman Group, Portugalete Eulen, Zierbena Bahías de Bizkaia e Astillero. Na segunda quenda remarán San Pedro Ecolmare, Cabo, Kaiku Producha e San Juan Iberdrola. Por último, na quenda de honra, competirán Tirán Pereira, Orio Babyauto, Urdaibai Avia e NT2 Hondarribia. No caso da Liga Euskotren, será a primeira vez que chegue a este escenario, onde se porán en xogo a I Bandeira Feminina Praias de Noja, con unha distancia dunha milla náutica e media, con dous longos e unha ceavoga.

O domingo, chegará o turno a Getxo, onde a Liga San Miguel celebrará a décima edición desta Getxoko Estropaden Ikurriña dentro do calendario da competición. Ano tras ano esta regata tivo múltiples vencedores, mais por riba de todos destaca Kaiku Producha, con tres vitorias consecutivas (2011, 2012 e 2013). Clubs como Pedreña (2006), Orio Babyauto (2007), Castro (2008 e 2009), Urdaibai Avia (2010) e NT2 Hondarribia (2014) tamén conseguiron a vitoria deste importante encontro do verán. Até o de agora, o mellor tempo deste campo de regatas osténtao Castro, cando en 2009 reventou o crono con un tempo de 19'18”70, e unha vantaxe sobre San Pedro Ecolmare de 10”56. Porén, a diferenza máis abultada neste encontro deuse na edición de 2013. Daquela, Kaiku Producha non deu ningunha oportunidade aos seus rivais e tirou unha vantaxe ao segundo clasificado, Orio Babyauto, de 23”50. Polo contrario, na edición de 2008, a vitoria estivo moi axustada e Castro apenas puido tirar unha vantaxe de 1”64 a Orio Babyauto na liña de meta. Nesta Ikurriña de Getxo, os aspirantes á Coroa “la Caixa” competirán nun campo de regatas de tres millas náuticas, con catro longos e tres ceavogas, mentres que as catro embarcacións da Liga Euskotren farano nunha distancia dunha milla náutica e media, con dous longos e unha ceavoga. As quendas para a regata do domingo comporanse en base ao resultado do día anterior na III Bandeira Praias de Noja.

Voltar