Novas 2013

COMPETICION

27 Xu˜ 2013

CHEGA UN CLÁSICO: BANDEIRA AMBILAMP E A RÍA DE PORTUGALETE

CHEGA UN CLÁSICO: BANDEIRA AMBILAMP E A RÍA DE PORTUGALETE

A ría máis coñecida do Cantábrico acolle a 3ª proba puntuábel, organizada por Kaiku

O derradeiro domingo de xuño a caravana da Liga San Miguel desprázase a unha praza máxica, clásica entre as clásicas: a ría de Portugalete. Alí desputarase a VI. edición da Bandeira Ambilamp, organizada pola SDR Kaiku de Sestao. Precisamente foi o Concello de Sestao o lugar onde se levou adiante o acto de presentación da regata, e a ela asistiron o Sr. Josu Bergara, alcalde de Sestao, e o Sr, José Manuel Monje, presidente de Kaiku. 

A regata disputarase o domingo 29 de xuño, ás 12 do mediodía, e repartiranse 22.500 euros en premios. As embarcacións deberán completar tres millas mariñas, 5.556 metros, a metade no interior da ría, e a outra metade en mar aberto. As quendas estabeleceranse en base á clasificación da regata da véspera, Bandeira La Caixa” de Laredo. Kaiku Ambilamp loitará na casa ante os seus afeccionados, trantando de dar un grande chimpo na procura do liderato da competición coa Coroa “La Caixa” no horizonte. Cómpre lembrar que a Coroa “La Caixa” ficará en propiedade do club que consiga gañar a Liga San Miguel durante tres anos consecutivos ou cinco alternos. Este ano Kaiku Ambilamp, por terceiro ano consecutivo, ou Urdaibai Umpro Avia, por quinto ano alterno, poden ficar co trofeo en propiedade por primeira vez na historia da ACT.

Voltar