Novas 2017

ESPECIAL

14 Ago 2017

Chega o ?Último Longo? de Hondarribia e Ondarroa

Chega o ?Último Longo? de Hondarribia e Ondarroa

Un luns máis chega o mellor resumo da fin de semana con esta sección

Tras a desputa da Hondarribiko XXX. Bandera – GP Mapfre o sábado e a XXXIII. Ondarroako Bandera, é o momento de botar unha ollada atrás e analizar o sucedido nestas dúas xornadas. O sábado o duelo entre Urdaibai Avia e Hondarribia ao final decantouse cara o lado dos ‘txo’, impedindo que os verdes celebraran a bandeira frente á súa afección.

Xa o domingo, a ‘Bou Bizkaia’ voltou imporse, desta vez nun novo campo de regatas para a Eusko Label Liga como era Ondarroa, para redondearen unha fin de semana perfecta e confirmar así o seu grandísimo estado de forma.

Deste xeito Urdaibai Avia afianza o seu liderado na Eusko Label Liga con cinco puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado, Hondarribia. No que respecta á clasificación CaixaBank ao Mellor Patrón, o hondarribiarra Ioseba Amunarriz continúa unha semana máis no máis alto da táboa.

Voltar