ACT TV 2017

ESPECIAL

03 Xul 2017

Chega 'O Último Longo'

Chega 'O Último Longo'

CaixaBank brindaranos cada luns un pequeno resumo do fin de semana
 

Hoxe estreamos unha nova sección, que nos acompañará cada luns ao longo destes tres emocionantes meses de competición. CaixaBank ofreceranos ‘O Último Longo’, que servirá para facermos un pequeno repaso do acontecido nas xornadas do sábado e domingo e así pór punto final ao fin de semana e comezar a enfocar as nosas olladas nos vindeiros encontros.

Para inaugurar esta sección traemos o acontecido nas dúas primeiras xornadas desta Eusko Label Liga: a VIII Bandeira de Bilbao e a XVI Bandeira Concello de Sestao. Urdaibai Avia toma vantaxe na loita pola Coroa CaixaBank ao colleitar un primeiro e terceiro posto durante as dúas regatas e Orio Babyauto levou o segundo dos trapos para a casa tras unha regata brillante por parte dos mozos de Jon Salsamendi. Tras as primeiras dúas batallas só podemos describir esta Eusko Label Liga como impredecíbel e emocionante.
 

Voltar