Novas 2026

ASOCIACION

15 Xul 2026

Chapela acolle por primeira vez este sábado as regatas das Ligas Euskotren e Eusko Label

Chapela acolle por primeira vez este sábado as regatas das Ligas Euskotren e Eusko Label

A localidade da ría de Vigo acollerá a VI Bandeira Masculina Chapela - Concello de Redondela e a Bandeira Ametsa Obras.

Esta mañá presentáronse en Redondela a VI Bandeira Masculina Chapela - Concello de Redondela e a Bandeira Ametsa Obras.

Á cerimonia de presentación asistiron Digna Rivas, Alcaldesa de Redondela; Antonio Viaño, Presidente do Club de Remo Chapela e Daniel Vázquez, membro da Xunta Directiva da ACT.

A sexta xornada puntuábel será a primeira a desputarse en Galiza. A primeira quenda da Bandeira Ametsa Obras comezará ás 17:25 horas coa participación das 8 mellores tripulacións femininas da cornixa cántabro-atlántica. A VI Bandeira Masculina Chapela - Concello De Redondela, dará comezo ás 18:16 horas.

Voltar