Novas 2016

COMPETICION

29 Xul 2016

Ceavogas e ondas de costado

Ceavogas e ondas de costado

A Bandeira Deputación Foral de Gipuzkoa e a XXVI. Zumaiako Ikurriña chegan marcadas por estes dous elementos

Chega o último fin de semana da Liga San Miguel e da Liga Euskotren antes do parón pola desputa do Campionato de España de traiñeiras en augas de Castro Urdiales. Pero antes disto, as 12 mellores embarcacións encontranse mañá ás 18.00 horas en augas de Pasaia coa desputa da Bandeira Deputación Foral de Gipuzkoa, correspondente á décima xornada da Liga San Miguel, así como a ‘Batelerak, Berdintasunean Aintzindari’, neste caso, quinto encontro da Liga Euskotren. Xa o domingo ás 12.00 horas, a competición trasládase até Zumaia onde se porá en xogo a XXVI. Zumaiako Ikurriña, undécima proba da batalla pola Coroa CaixaBank, e, no que se refire á Liga Euskotren, a Euskotren V. Bandeira, sexta regata da Liga Euskotren.

O de Pasaia é un encontro moi especial. É a única regata na que as tres millas están repartidas en seis longos, obrigando ás tripulacións a ter que manobrar en cinco ocasións e pondo a pericia do patrón e da tripulación en xaque. Un encontro que se estreou no 2011, coa victoria de Kaiku Producha con un rexistro de 19’36”34, avantaxando en case 10 segundos a Astillero. Xa en 2012, a bandeira foi parar á popa de NT2 Hondarribia con 19’47”90, por diante de Kaiku Producha (+9”) e San Juan Iberdrola (+11”). No 2013 o triunfo foi para Orio Babyauto con 19’54”16, deixando a Urdaibai Avia a 2”66 e a 5”08” a NT2 Hondarribia. E xa no 2014 e 2015 o dominio foi verde, índo o triunfo á ‘Ama Guadalupekoa’ no 2014 con 3”04 de renda frente a Kaiku Producha e no 2015 con 2”04 ante Urdaibai Avia. Até o momento, cómpre sinalar, a renda máis axustada. No histórico feminino, nos últimos tres anos a vitoria foi para popas diferentes. Se no 2013 foi para Zumaia (11’10”), no ano seguinte marchou para Hibaika Jamones Ancín (10’41”) e o ano pasado a San Juan Iberdrola (9’54”).

No que á orde de saída da regata da Liga San Miguel se refire, a primeira quenda estará composta por Zumaia, Portugalete Eulen, San Pedro e Zierbena Bahías de Bizkaia. Na segunda, Cabo, Astillero, Tirán Pereira e San Juan Iberdrola. Mentres que na quenda de honra vogarán Orio Babyauto, Kaiku Producha, Urdaibai Avia e NT2 Hondarribia.

A xornada dominical trasládase a Zumaia, un encontro que se despediu da Liga San Miguel en 2013 coa vitoria de Kaiku Producha, marcando un rexistro de 19’50”79, deixando sete segundos por detrás a Portugalete Eulen. Unha ‘Bizkaitarra’ que no 2012 tamén soubo tirar o máximo rendemento á famosa onda da costa, impóndose con un tempo de 19’50”40, sete segundos por diante de NT2 Hondarribia. A ‘Bou Bizkaia’ de Urdaibai Avia impúxose no 2011 con 19’49”92, apenas catro décimas mellor que Pedreña e no 2010, neste caso parando o crono no 19’23”92, dous segundos mellor que Orio Babyauto. No que á Liga Euskotren respecta, a última gañadora foi Zumaia con un tempo de 10’51”04, 10 segundos mellor que San Juan Iberdrola.

Igualdade en todos os frentes

A igualdade está sendo unha das notas dominantes desta Liga San Miguel. E tras da fin de semana galega, a batalla pola Coroa CaixaBank axustouse ficando Urdaibai Avia a apenas dous puntos de NT2 Hondarribia. Pero a loita vai máis alá, e entre o cuarto clasificado, Orio Babyauto, e o oitavo, Cabo, só hai nove puntos. No que ao Trofeo CaixaBank se refire, nestes momentos Gorka Aranberri, patrón de Urdaibai Avia, é o líder, aínda que seguido moi de perto por Endika Pérez (San Juan Iberdrola), Alfonso Díaz (Cabo) e Unai Osa (Zumaia).

Xa na Liga Euskotren, San Juan Iberdrola non deu opción e gañou as catro bandeiras desputadas até hoxe, conseguindo unha renda de catro puntos frente a Hibaika Jamones Ancín.
 

Voltar