Novas 2020

ESPECIAL

13 Xul 2020

Catro equipos fan o seu mellor comezo de tempada

Catro equipos fan o seu mellor comezo de tempada

Varios equipos da Liga Eusko Label Liga superan despois das primeiras catro xornadas os seus mellores rexistros

Logo da desputa das dúas primeiras fins de semana de competición na Liga Eusko Label, os clubs van collendo as súas posicións na clasificación xeral na loita pola Coroa CaixaBank. Cunha quinta parte dos puntos da tempada xa repartidos, hai clubs que ven cómo o seu rendemento mellorou con respecto aos resultados obtidos na campaña pasada.

O caso máis claro é o de Lekittarra Elecnor que completou un comezo de competición a un grandísimo nivel, poñéndolle a guinda coa súa participación na quenda de honra da XXXVII Bandeira Petronor. Os biscaínos sumaron 24 puntos, conseguindo así máis da metade dos puntos obtidos en toda a tempada pasada (47). Os mozos de Osertz Alday tamén conseguiron este sábado o seu mellor rexistro nunha regata da Liga Eusko Label, ao clasificárense na cuarta posición na VIII Bandeira CaixaBank.

Outro equipo que mantén unha boísima racha neste inicio da tempada 2020 da Liga Eusko Label é Donostiarra Amenabar. Os remeiros da capital guipuscoana conquistaron na tempada pasada a súa primeira vitoria na súa historia na máxima categoría do remo, o que os fixo merecedores de entraren no club dos ‘galos’ da categoría. Este ano os donostiarras encetaron a tempada sen arriaren o pé do acelerador e voltaron conseguir unha vitoria na Liga Eusko Label. Donostiarra Amenabar xa ten 39 puntos e sitúase neste momento na segunda posición na loita pola Coroa CaixaBank.

O caso de Santurtzi Transportes y Grúas Aguado non se afasta moito do dos mozos de Igor Makazaga. Ambos equipos ascenderon a un tempo á Liga Eusko Label no 2017, e os dous conseguiron mellorar os seus respectivos equipos até érense en candidatos a todo. A ‘Sotera’ colleitou as súas primeiras tres bandeiras na elite do remo na tempada pasada, mais este ano conseguiu a regularidade necesaria para érense en campións. Santurtzi Transportes y Grúas Aguado é neste momento líder en solitario da Liga Eusko Label con 43 puntos, catro máis que o verán pasado nesta altura da tempada.

Por último tamén temos outro comezo destacado, o de CR Ares. Quen pensou que por ser un recén ascendido ía estar a loitar cada xornada por evitar o último lugar engánase co equipo ártabro. Os adestrados por Alberto Hermo voltaron con forza á Liga Eusko Label, e atópanse neste momento na novena posición, cunha vantaxe de sete puntos sobre Zarautz Babyauto, que ocupa neste momento o posto do playoff. CR Ares sorprendeu a propios e alleos ao voltaren da Coruña con 11 puntos no peto, aos que esta segunda fin de semana sumou sete máis, para contaren un total de 18 puntos, dous máis que na súa anterior etapa na Eusko Label Liga nesta altura da tempada.

Voltar