Novas 2011

COMPETICION

25 Ago 2011

CATRO EMBARCACIÓNS CÁNTABRAS NA PROCURA DA GLORIA EN CASTRO

CATRO EMBARCACIÓNS CÁNTABRAS NA PROCURA DA GLORIA EN CASTRO

Astillero e Pedreña dirimirán quen é a mellor traíña da rexión, Castro evita as vacacións prematuras, e Camargo mantense na elite un ano máis

Castro, 25 de agosto. - Castro acollerá o domingo a 17ª proba puntuábel da Liga San Miguel-Coroa Mapfre: XIII. BANDEIRA FLAVIOBRIGA. A derradeira de agosto, e a que decidirá que dous clubs dan por rematada a tempada (9ª e 10ª clasificadas). Alicientes interesantes tamén para as catro embarcacións da rexión cántabra, xa que as catro teñen obxectivos interesantes que conseguir. Astillero e Pedreña pugnan pola 5ª praza da clasificación, aquela que lles ha dar o premio de ser a primeira traíña cántabra. Só un punto separa a ambas as dúas embarcacións. A Marinera tamén ten alicientes abondo para vogar. Porque o fará na casa, e porque será a súa derradeira oportunidade para evitar marchar de vacacións. Sete puntos separano do 8º posto, de San Pedro, e os castreños teñen dúas regatas para anular esa diferenza. Especial atención tamén para Camargo, na súa loita por adiantar a Orio e mantenerse na elite.

A regata disputarase o domingo 28 de agosto, e comezará ás 12 da mediodía. A organización correrá a cargo da SDR de Castro Urdiales, e o Excmo. Concello de Castro será a patrocinadora. As embarcacións deberán remar catro longos e tres ceavogas, para completar a distancia de 5.556 metros. Repartiranse 22.500 euros en premios, e as quendas decidiranse en base á clasificación da Liga San Miguel, despois da celebración da regata da véspera en Orio.

Este mediodía celebrouse o acto de presentación da regata no Concello de Castro e alí asistiron o Alcalde de Castro Urdiales, Sr. Iván González, o Presidente de ACT, Sr. Piter Bravo e o presidente do Club, Sr. Agustín Anglada.

Voltar