Novas 2022

COMPETICION

29 Nov 2022

CaixaBank véstese de campión

CaixaBank véstese de campión CaixaBank véstese de campión

A entidade financeira tematizou a fachada das súas oficinas de Orio e Bermeo, e obsequiará de forma gratuíta os afeccionados cos posters dos campións e campioas

A tempada xa rematou hai uns meses e CaixaBank quixo ter un detalle cos campións e as campioas das máximas competicións de traiñeiras. E é que a entidade financeira, patrocinadora da competición, tematizou as dúas oficinas das localidades campioas. Así, quere homenaxear as traiñeiras que reinaron ao longo do verán lucindo os remeiros e remeiras gañadoras nas vidreiras das súas localidades. 

A oficina CaixaBank de Bermeo, situada en Prantzisko Deuna Atea Plaza, volta lucir a cor de Bermeo Urdaibai, que este verán erguía por oitava vez cara o ceo de Portugalete a Coroa CaixaBank tras catro tempadas sen facéreno. Os de Iker Zabala bateron o récord de puntos obtidos nunha tempada, 218, grazas ás sete vitorias conseguidas nas vinte xornadas da competición. Daquela, e logo de tres tempadas sen daren acadado o título ligueiro, a traiñeira biscaína volta escribir o seu nome na Coroa CaixaBank. 

Pola súa banda, a oficina de Orio, ubicada na rúa Eusko Gudari 22, volta ser tematizada coas cores da mellor traiñeira da tempada na Liga Euskotren, que por terceira ocasión ergueu o título de campioas no mes de agosto. Así, as pupilas de Patxi Francés canda o seu adestrador estarán presentes no escaparate da entidade financeira durante o ano. Grazas ás 12 vitorias nesta tempada, as remeiras de Orio Orialki obtiveron 54 puntos conseguindo por terceira ocasión levaren o Trofeo Euskotren. Dous segundos postos privaron as gipuscoanas de igualaren o récord de 55 puntos e as 13 vitorias nunha tempada, obtida pola propia San Nikolas na tempada 2019.  

Posters para os afeccionados     
Por outra banda, todos os afeccionados que o desexen, poderán pasar polas oficinas de Orio e Bermeo para recolleren de forma gratuíta o póster tanto das oriotarras como dos txo. Ademais, na oficina de Moaña, situada na avenida Concepción Arenal 84, tamén se quixo render homenaxe á traiñeira de Samertolameu polo seu ascenso á Liga Eusko Label, e quen queira poderá recoller o poster dos de Meira. 

CaixaBank, moi presente no deporte do territorio
CaixaBank impulsou hai máis de 10 anos una estratexia dirixida a se consolidar como o banco dos equipos de fútbol. No 2017 asinou sendos acordos de patrocinio co Deportivo Alavés, club ligado ao grupo Baskonia-Alavés, e coa Sociedad Deportiva Eibar. A estratexia de patrocinios tamén focaliza no deporte do territorio, coa esponsorización da pelota profesional, sendo desde 2013 patrocinador principal do campionato manomanista co que se retomou o apoio á pelota á man e co Masters CaixaBank; ou a propia Liga Eusko Label de traiñeiras, onde dá nome á Coroa CaixaBank, patrocina bandeiras tanto na categoría masculina como feminina, e tamén ofrece o maillote de mellor patrón.

Voltar