Novas 2016

ASOCIACION

21 Mar 2016

CaixaBank navega firme coa ACT

CaixaBank navega firme coa ACT

 A entidade financeira renova por cuarta tempada consecutiva o seu patrocinio coa Asociación

A Asociación de Clubs de Traiñeiras e CaixaBank renovaron un ano máis o seu acordo de patrocinio e, deste xeito, une as súas forzas co mundo das traiñeiras por cuarto ano consecutivo. E é que CaixaBank desde 2013 convertiuse nun dos piares fundamentais no desenvolvemento e crecemento da Asociación, sendo un dos patrocinadores principais da competición.

Deste xeito, CaixaBank seguirá dando nome ao máximo galardón da Liga San Miguel: a Coroa CaixaBank, un recoñecemento que a día de hoxe repousa nas vitrinas de NT2 Hondarribia. Mais, de levar este ano a ‘Ama Guadalupekoa’ ou Urdaibai Avia a vitoria, ficarían con ela en propiedade.

Ademais de pór nome á Coroa, CaixaBank tamén quere seguir recoñecento o labor de liderato do patrón e premia ano tras ano ao mellor patrón, que este ano foi parar a mans de Endika Pérez e Jon Ormazabal, patróns de San Juan Iberdrola, quen levaron o maillot branco de Caixabank.

E por suposto, un ano máis voltará celebrarse IV Bandeira Caixabank, que o ano pasado foi para a popa da ‘Ama Guadalupekoa’ de NT2 Hondarribia tras imporse en Pasaia. Pero o acordo non se limita apenas ao remo masculino, xa que CaixaBank voltará prestar todo o seu apoio á Liga Euskotren, levando a traiñeira líder da competición o maillot branco de CaixaBank.

Daquela, esta mañá procedeuse ao acto de asinatura na que estiveron presentes Juan Pedro Badiola, director territorial de CaixaBank no País Vasco e Cantabria, e Pedro Andueza, presidente da ACT. Andueza admite que "unha marca como CaixaBank queira seguir apostando por nós por cuarto ano consecutivo danos moito valor. Ademais, este acordo apórtanos proxección e, sobre todo, cárganos de ilusión 

Pola súa banda, Juan Pedro Badiola sinala que “CaixaBank aposta por este patrocinio porque o remo ten un forte arraigo no Cantábrico, en Euskadi e Cantabria, e tamén en Galicia, e con este acordo queremos pór de manifesto o noso compromiso con este territorio

Voltar