Novas

ASOCIACION

12 Xu˜ 2020

CaixaBank navega con rumbo fixo canda a ACT

CaixaBank navega con rumbo fixo canda a ACT

Juan Pedro Badiola, Director Territorial Norte de CaixaBank, e Borja Rodrigo, Presidente da ACT, selaron o acordo polo que a entidade financeira, por oitava tempada consecutiva, será patrocinador principal da máxima competición de traiñeiras.

A Bandeira CaixaBank chega por primeira vez a Donostia e será o debut da tempada en augas vascas.

Oito anos suma CaixaBank a navegar canda as mellores traiñeiras do momento e a dar soporte a unha das competicións deportivas máis notorias da época estival no Cantábrico e Atlántico. Nunha situación excepcional como a crise sanitaria que estamos a vivir, CaixaBank quere manter o seu compromiso co mundo das traiñeiras e seguir apoiando, por oitavo ano consecutivo, esta disciplina. Así, a entidade financeira renovou o seu compromiso coa ACT e, a través da súa condición de patrocinador principal, voltará darlle nome ao máximo galardón da competición, a Coroa CaixaBank, pola que os doce clubs socios competirán este verán ao longo de 18 xornadas que levará as embarcacións a navegaren por Galiza e o País Vasco.

Como vén sendo habitual, CaixaBank tamén premiará o labor dos patróns á hora de guiaren a súa tripulación n campo de regatas. Arkaitz Diaz, actual vencedor do Trofeo de Mellor Patrón, canda os timoneis das demais tripulacións darán a súa mellor versión para lograren vestir o Maillote Branco de CaixaBank.

Ademais, a estrela de CaixaBank tamén puxará as embarcacións femininas, tinxindo a pel das líderes da competición feminina e fomentando o crecemento dunha competición que ano a ano vai a máis.

Pero a grande novidade deste ano chega coa Bandeira CaixaBank, xa que por primeira vez este encontro chegará até a capital guipuscoana. Así, a Bandeira CaixaBank suporá a estrea da competición en augas vascas. No encontro donostiarra, ademais da xornada masculina, tamén se porá en xogo a Bandeira CaixaBank feminina.

Confianza e compromiso

Deste xeito, nun encontro celebrado na Dirección Territorial Norte de CaixaBank, o presidente da ACT, Borja Rodrigo, e o Director Territorial Norte de CaixaBank, Juan Pedro Badiola, selaron este novo acordo de colaboración. “A ACT demostrou estar á altura das competicións máis importantes do mundo, soubo anticiparse a esta situación excepcional e, sobre todo, procurar solucións respetando todos os protocolos sanitarios. E grazas a este grande esforzo e saber facer, a liga de traiñeiras será unha das poucas competicións deportivas das que poderemos gozar nas vindeiras semanas”, apunta Badiola. Ademais, no que á desputa do encontro donostiarra respecta, confesa que “a baía da Concha está ligada de forma natural ao remo e poder levar por primeira vez a Bandeira CaixaBank ás súas augas e, ademais, que sexa aí a estrea da tempada en augas vascas para as 16 traiñeiras, sen dúbida é un motivo de orgullo para a nosa entidade”.

Pola súa banda, Borja Rodrigo, Presidente da ACT, explica que “é unha honra seguir a traballar por oitavo ano consecutivo co apoio dunha entidade como CaixaBank, máis ainda, nunha situación como a que estamos a vivir estes meses”. Ante o inminente comezo da competición, Rodrigo sinalou que “sacar adiante a tempada estival de remo e pór en xogo a ansiada Coroa CaixaBank será o mellor xeito de devolver toda a confianza que puxeron en nós”.

CaixaBank, entidade comprometida co deporte

Para CaixaBank, o patrocinio deportivo é unha ferramenta estratéxica de comunicación que imparte valores que a entidade comparte coa práctica deportiva, como son o liderado, o esforzo, a superación e o traballo en equipo. A través do patrocinio, a entidade financeira fomenta o progreso cultural, social e económico, en liña cos seus valores fundacionais de compromiso coa sociedade.

A través da súa rede de oficinas, CaixaBank mantén unha estreita ligazón co territorio e conta cunha vocación de entidade próxima co cliente, que se traduce no patrocinio local como estratexia axeitada para xeraren notoriedade no territorio de influencia. Por ese motivo, CaixaBank, na súa Dirección Territorial, está presente en entidades como o Eibar, Alavés, Baskonia, Sporting de Gijón ou Real Oviedo. Pero a estratexia da entidade pasa tamén por apoiaren e fomentaren o deporte propio do territorio, como é o caso do remo coa liga de traiñeiras, ou da pelota man co patrocinio principal da LEPM ou as xornadas bolística en Cantabria. CaixaBank no 2019 patrocinou 17 equipos de fútbol de Primeira División e 13 de Segunda, 47 carreiras populares e apoiou, entre outros, o proxecto Plaza 3x3 CaixaBank.

O deporte é o eixo sobre o que pivota toda a estratexia de patrocinio, sendo unha das entidades pioneiras en patrocinio deportivo a nivel estatal. Esta implicación de CaixaBank co deporte remóntase 25 anos atrás, cando a entidade decidiu apoiar o deporte olímpico mediante o acordo subscrito co Plan ADO, que actualmente representa a aposta continua pola promoción e o desenvolvemento do deporte olímpico e de elite.

Voltar