ACT TV

ESPECIAL

14 Xu˜ 2022

CaixaBank e a ACT, a vogaren xuntos por décima tempada

CaixaBank e a ACT, a vogaren xuntos por décima tempada

A entidade financeira seguirá a ser patrocinadora principal das competicións despois do acordo asinado entre Juan Pedro Badiola, Director Territorial Norte de CaixaBank, e Borja Rodrigo, Presidente da ACT

ACT e CaixaBank seguirán a colaboraren grazas ao acordo de patrocinio asinado na sede da Dirección Territorial Norte de CaixaBank, entre o presidente da ACT, Borja Rodrigo, e o Director Territorial Norte de CaixaBank, Juan Pedro Badiola. Un relacionto que comezou no 2013 e que este ano, polo tanto, fará para a entidade financiera a súa décima tempada como un dos patrocinadores principais da Asociación, sendo o patrocinador máis lonxevo da ACT. 

O acordo con CaixaBank implica a ambas competicións, Liga Eusko Label e Liga Euskotren. No referido á competición feminina, a estrela de CaixaBank seguirá a vestir o maillote de líder, mentres que na Liga Eusko Label, seguirá a premiar o labor dos patróns, coa entrega do premio ao Mellor Patrón CaixaBank, ademais de dar nome ao trofeo que se entrega ao gañador da Liga Eusko Label, a Coroa CaixaBank. 

Por último, CaixaBank voltará a dar nome a unha xornada da Liga Eusko Label (X. Bandeira CaixaBank), e mais a outra da Liga Euskotren (VII. Bandeira CaixaBank), que se desputarán o vindeiro 14 de agosto en Castro Urdiales, sendo o único encontro que se despute este ano en augas cántabras. Ademais desa xornada, estará presente nas demais regatas co seu espazo na Fan Zone, onde o Tour Coroa CaixaBank voltará permitir aos afeccionados fotografárense cos dous trofeos, tanto a Coroa CaixaBank como o Trofeo Euskotren, e gañaren importantes premios.

CaixaBank, moi presente no deporte do territorio    
CaixaBank impulsionou hai máis de 10 anos unha estratexia dirixida a erse no banco dos equipos de fútbol. No 2017 asinou sendos acordos de patrocinio co Deportivo Alavés, club ligado ao grupo Baskonia-Alavés, e coa Sociedad Deportiva Eibar. Ademais, no pasado verán, tamén se sumou á Sociedad Deportiva Amorebieta. Cómpre sinalar que actualmente ten acordos con 14 equipos de fútbol de Primeira División e 17 de Segunda División. Ademais, a entidade financeira é patrocinadora de 9 dos 16 equipos da Primeira División feminina.  

A estratexia de patrocinios tamén foca no deporte do territorio, coa esponsorización da pelota profesional, dende 2013 como patrocinador principal do campionato manomanista co cal se retomou o apoio á pelota a man e co Masters CaixaBank; ou a propia Liga Eusko Label de traiñeiras, onde nomea a Coroa CaixaBank, patrocina bandeiras tanto na categoría masculina como feminina, e tamén o maillote de mellor patrón.
 


 

Voltar