Novas 2021

COMPETICION

29 Xu˜ 2021

Buscando os reis e raíñas da Coruña

Buscando os reis e raíñas da Coruña Buscando os reis e raíñas da Coruña

Bermeo Urdaibai Avia e Orio Orialki queren seguir dominando na praia de Riazor

A Bandeira Cidade da Coruña dará o bandeirazo de saída a unha tempada histórica. Catro edicións anteriores da Liga Eusko Label e tres edicións da Liga Euskotren, dannos pistas de que non é un campo de regatas sinxelo, onde os erros adoitan castigar moito.


Das catro Bandeiras anteriores da Liga Eusko Label, Bermeo Urdaibai Avia conta coas dúas primeiras Bandeiras desputadas, mentres que as dúas últimas foron para Orio Orialki e Santurtzi Transportes y Gruas Aguado. 
 
Bermeo foi quen máis vitorias conseguiu en augas de Riazor, xa que das sete xornadas desputadas (a primeira edición desputouse a unha soa xornada), obtivo a vitoria nas tres primeiras. Nas últimas catro xornadas, Orio e Hondarribia repartiron as vitorias. Orio consiguiu a vitoria na primeira xornada do 2019, e tamén a última regata desputada na Coruña, levando a Bandeira de 2019. 
 
Pola súa banda, Go Fit Hondarribia conseguiu dúas vitorias na Bandeira Cidade da Coruña, na segunda xornada do 2019, e na xornada inaugural da tempada pasada, mais no cómputo xeral non puido levar a vitoria final. 
 
Sotera é quen mellores resultados obtivo sen chegar a conseguir gañar ningunha xornada, dado que na tempada anterior, sendo segundo e terceiro, consiguiu a primeira Bandeira da Coruña para as súas vitrinas. 
 
Veremos se este ano a V Bandeira Cidade da Coruña ten un novo gañador, se Orio e Santurtzi son quen de igualar a Urdaibai, ou a Bou Bizkaia aumenta o seu idilio coa Coruña. 
 
No referido á Liga Euskotren, na súa primeira edición, San Juan levou a primeira bandeira da dobre xornada desputada na cidade herculina. Nas dúas últimas tempadas da Bandeira Cidade da Coruña, Orio mostrou o seu dominio vencendo nas catro xornadas, e levando as dúas últimas bandeiras para as súas vitrinas. 
 
Donostiarra Lacturale, Hondarribia Bertako Igogailuak e Donostia Arraun Lagunak, queren estrear o seu palmarés de vitorias en Galiza, e veremos se nesta fin de semana poden realizar o traxecto de volta para a casa coa IV Bandeira Cidade da Coruña nas mans.
 
Desexando que o semáforo se poña en verde na Coruña! 

Voltar