ACT TV

ENTREVISTAS

15 Set 2016

Broche de ouro ao remate da tempada

Broche de ouro ao remate da tempada

Esta mañá celebrouse o acto de presentación da XLVI GP - XLII Bandeira El Corte Inglés no andar superior do edificio de El Corte Inglés de Bilbao

O domingo a partir das 12.00 horas porase en xogo a XLVI GP - XLII Bandeira El Corte Inglés, correspondente á décimo novena xornada da tempada, que será a encargada de pór punto final á Liga San Miguel 2016. A competición voltará á ría de Portugalete para rematar o percorrido que comezou hai xa tres meses en augas de Sevilla e que levou ás 12 embarcacións a competir durante 57 millas. Malia isto, as diferenzas seguen a ser mínimas e tanto Urdaibia Avia como NT2 Hondarribia loitarán este fin de semana por defenderen ou recuperaren os dous puntos de diferenza existentes entre os dous na batalla pola Coroa CaixaBank.

A composición de quendas para esta Bandeira El Corte Inglés farase en base á clasificación xeral da Liga San Miguel tras repartírense os puntos colleitados por cada quen na XXXIV. Bermeo Hiriko Bandeira do día anterior en Bermeo. Previa á desputa da regata da Liga San Miguel, porase en xogo a segunda xornada do playoff onde coñeceremos os dous clubs que conseguirán unha praza na Liga San Miguel 2016. Esta segunda xornada do playoff desputarase tamén en formato contra o reloxo, con unha orde de saída inversa ao resultado do día anterior na primeira xornada desputada en Bermeo.

Esta mañá celebrouse o acto de presentación da XLVI GP - XLII Bandeira El Corte Inglés no andar superior do edificio de El Corte Inglés de Bilbao, onde estiveron presentes Carmelo Lezana, representante de El Corte Inglés; Mikel Torres, alcalde de Portugalete; José Manuel Ortiz, membro da Xunta Directiva da ACT; e Karlos Belasko, presidente de Portugalete Eulen.  

Consulta o dossier da regata

Voltar