ACT TV

ESPECIAL

02 Xul 2020

BM rema canda a ACT máis un ano

BM rema canda a ACT máis un ano

A marca vasca de supermercados segue a amosar o seu apoio á Asociación nesta tempada 2020 da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren

A unión fai a forza. Esta é unha afirmación que tanto o Grupo Uvesco como a ACT teñen moi claro e é por isto que ambas as dúas marcas refrendaron o seu acordo por máis un ano, no que BM Supermercados seguirá a ser Official Partner da Liga Eusko Label.

A marca vasca de supermercados leva dende 2017 a encher de cor e alegría a competición estival de traiñeiras e esta tempada seguirá a apoiar a Liga Eusko Label.

Miguel Ángel Zamorano, Director de Xestión de Tendas e Marketing de BM Supermercados, e Carmen González, Directora de Comunicación e Patrocinios da ACT foron os encargados de selaren este novo acordo na sede do Grupo Uvesco en Irún.

Voltar