ACT TV 2016

ESPECIAL

10 Mai 2016

Bilbao repite como sede da Liga San Miguel

Bilbao repite como sede da Liga San Miguel

A ría bilbaína voltará ser testemuña o 16 de xullo dunha nova xornada da máxima competición masculina e, como novidade este ano, tamén da feminina

A capital biscaína convertiuse nos últimos anos nun dos encontros obrigados do calendario da Liga San Miguel. E neste, ademais, tamén o será para o da Liga Euskotren, xa que por primeira vez o vindeiro 16 de xullo ás 18.00 horas porase en xogo a Bandeira de Bilbao feminina. Como vén sendo habitual na Liga Euskotren, unha vez rematada a regata feminina, darase o bandeirazo de saída á regata masculina, que neste caso corresponderá á sexta xornada da batalla pola Coroa CaixaBank e onde se porá en xogo a VII Bandeira de Bilbao.

Neste sentido, as tripulacións masculinas completarán o xa clásico percorrido de catro longos -no caso da Liga Euskotren, dous longos- con saída e chegada frente o consistorio bilbaíno, en formato de contra o reloxo individual. Unha proba na que o ano pasado NT2 Hondarribia conseguiu imporse tras unha apertada loita frente a Urdaibai Avia, que finalmente se resolveu a favor dos da ‘Ama Guadalupekoa’ por tres segundos de renda. No que á Liga Euskotren respecta, o último testemuño da Liga Euskotren en augas da ría bilbaína remóntase ao 3 de xullo de 2011 coa Bandeira El Correo, onde a tripulación de Getaria-Tolosa se impuxo a Bizkaia por nove segundos.

Daquela a ría de Bilbao e a súa beiramar voltarán tinguirse o sábado 16 de xullo con toda a cor da Liga San Miguel e da Liga Euskotren, contando ademais para todos os aficionados que se acheguen á regata coas diferentes propostas de actividades que porta a caravana que segue á competición. 

Voltar