Novas

COMPETICION

28 Xul 2021

Bilbao, escenario da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren

Bilbao, escenario da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren

A ría acollerá a XII. e III. Bilboko Bandera – Bandeira de Bilbao, unha regata que se desputará en formato de contra o reloxo.

A Liga Eusko Label e a Liga Euskotren continúan a súa folla de ruta marcada no calendario e chegarán á ría de Bilbao para pór o remate ao primeiro mes de competicións. As catro tripulacións femininas sairán cun minuto de diferenza, igual que as traiñeiras masculinas, divididas en tres quendas de catro tripulacións.     

Esta mañá presentáronse no Concello de Bilbao as XII. e III. Bilboko Bandera - Bandeira de Bilbao que estarán en xogo o sábado. Coa participación de Itxaso Erroteta, Concelleira de Mocidade e Deporte da capital biscaína, e Borja Rodrigo, Presidente da ACT.    

Erroteta sinalou que para a vila, a do sábado “é un dos encontros deportivos máis importantes do ano” e lembrou que se trata dunha competición que este ano volta contar con catro protagonistas “o deporte, a emoción, a tradición e a responsabilidade”, neste sentido, a Concelleira sinalou que “a situación sanitaria obríganos a seguir sendo moi responsábeis, tanto individual como colectivamente, temos que cumprir a normativa vixente para acabar coa propagación do coronavirus”.    

Pola súa banda, Rodrigo agradeceu ao Concello de Bilbao a súa aposta por un evento de “primeiro nivel” e “estábel” que reúne “os valores da igualdade”. O presidente da ACT salientou a ría como campo de regatas pola “espectacularidade das imaxes, dentro dos propios carreiros e entre os edificios máis emblemáticos da cidade”. Finalmente, Borja Rodrigo lembrou que a Bandeira de Bilbao é “singular” por ser a “única regata que ten formato de contra o reloxo”.  

A xornada comezará ás 17:55 horas coas catro traiñeiras da Liga Euskotren, en orde inversa á clasificación xeral que tratarán de levaren a III. Bilboko Bandera – Bandeira de Bilbao no percorrido habitual. Comezará á altura da casa do Concello e chegará até Deustu, pasando por lugares tan emblemáticos da cidade como a ponte de Zubizuri e o Museo Guggenheim Bilbao, entre outros.    

Así que remate a quenda feminina, será a vez da regata da Liga Eusko Label. No mesmo formato que as mozas, sairán en orde inversa á clasificación xeral, divididos en tres quendas de catro traiñeiras que porán en xogo a XII. Bilboko Bandera-Bandeira de Bilbao. 

A organización solicita que se manteñan todas as medidas de seguridade sanitaria e fai un chamamento ao público para que siga a regata polas diferentes plataformas de EiTB (Televisión, web e radios), así como na APP ou as Redes Sociais da competición.
 

Voltar