ACT TV 2023

ESPECIAL

14 Xul 2023

Bilbao e Orio acollen as regatas desta fin de semana

Bilbao e Orio acollen as regatas desta fin de semana Bilbao e Orio acollen as regatas desta fin de semana

Segunda fin de semana consecutiva para Donostia Arraun Lagunak e Zierbena Bahías de Bizkaia defenderen o liderado da Liga Euskotren e Liga Eusko Label

Dúas regatas completamente diferentes van vivirse esta fin de semana no calendario da Liga Eusko Label e Liga Euskotren. O sábado a única que se desputa na modalidade de contra o reloxo en Bilbao, e o domingo en Orio en mar aberto. Serán dous escenarios opostos aos que terán que se adaptar os deportistas de ambas competicións para  poderen conseguir o obxectivo. Por segundo sábado consecutivo, Donostia Arraun Lagunak e Zierbena Bahías de Bizkaia lucirán os respectivos maillotes de líderes de cada competición, polo que serán os últimos en comezaren a vogar. 

No sábado, desputarase a V.-XIV. Bilboko Bandera – Bandeira de Bilbao na ría de Bilbao. As vinte traiñeiras atravesarán o centro da capital biscaína e algún dos lugares máis emblemáticos da cidade baixo o atento ollar dos afeccionados que se atoparán a ambas beiras da ría. Sen dúbida, unha grande xornada para as afeccións sentiren a forza do remo ao vivo. 

No domingo, a regata desputarase en mar aberto, concretamente a carón do novo espigón de Orio. As traiñeiras dividiranse na Orioko XXIII.Emakumezkoen Estropada – Orio Kanpina XI. Bandera e na Orioko XXXIII. Estropada – Orio Kanpina XI. Bandera segundo os tempos da contra o reloxo bilbaína. 

FAN ZONE
Esta fin de semana, en ambas xornadas, os afeccionados e afeccionadas da Liga Eusko Label e Liga Euskotren poderán gozar do seu espazo na regata. Por segunda tempada consecutiva, a FAN ZONE estará presente en todas as regatas da tempada. No sábado o espazo reservado para as afeccións estará ubicado no paseo Uribitarte, ao outro lado do Concello de Bilbao, mentres que o domingo ubicarase na praza da vila de Orio, concretamente.

Voltar