Novas 2023

COMPETICION

20 Ago 2023

Bermeo Urdaibai sen sorpresas en Zarautz

Bermeo Urdaibai sen sorpresas en Zarautz Bermeo Urdaibai sen sorpresas en Zarautz

A Bou Bizkaia domina tamén na segunda xornada da Zarauzko XLVI Ikurriña, e afianza o liderado con nove puntos de vantaxe sobre os seus perseguidores.

Bermeo Urdaibai levou a Zarauzko XLVI Ikurriña tras impórense nas dúas xornadas desputadas. Cun tempo total de 40:10, os de Gorka Aranberri conseguiron unha vantaxe de 32 segundos sobre Zierbena Bahías de Bizkaia, segundo clasificado da dobre xornada.

Os galipos, hoxe na segunda quenda, realizaron unha grande regata para acadaren a segunda praza, cedendo apenas frente a exhibición do líder. A Bou Bizkaia sufriu para mellorar o tempo de Zierbena, pero na segunda parte da regata os de Gorka Aranberri foron aumentando o tempo aos poucos, tendo unha vantaxe de seis segundos sobre Zierbena na meta. Na loita pola terceira praza, Donostiarra Amenabar UK e Hondarribia foron moi igualados, pero finalmente os donostiarras entraron con tres segundos de vantaxe sobre a Ama Guadalupekoa, porén, a 36 segundos do gañador da xornada.

Coa dobre vitoria da fin de semana, Bermeo Urdaibai afianza o seu liderado con 164 puntos e conta con nove puntos de renda sobre os perseguidores. Grazas á xornada de hoxe, Zierbena Bahías de Bizkaia colócase na segunda posición igualado con Hondarribia con 155 puntos.

Donostia Arraun Lagunak, Supercampioas
Donostia Arraun Lagunak sumou o mellor tempo na dobre xornada desputada en augas de Zarautz, gañando así por primeira vez a Zarauzko Ikurriña. Grazas á vitoria, gaña por segunda ocasión o Trofeo Euskotren.

Malia o dobre premio ter caído do lado de Donostia Arraun Lagunak, Nortindal Donostiarra Ur Kirolak foi quen marcou o mellor tempo na xornada de hoxe cun tempo de 10:45, con catro segundos de vantaxe sobre a campioa de Liga. Hoxe Tolosaldea foi terceira a nove segundos, mentres que Orio Orialki foi cuarta a once segundos.
Polo tanto, Donostia Arraun Lagunak gañou a Liga Euskotren con 95 puntos, Orio foi segunda con 86 puntos, Donostiarra terceira con 79 puntos e Tolosaldea cuarta con 71 puntos. En canto á primeira quenda, Hondarribia sumou 54 puntos, Hibaika 39, Cabo 27 e Tirán 16. 
 

Voltar