ACT TV 2018

ESPECIAL

13 Set 2018

Bermeo é o penúltimo paso

Bermeo é o penúltimo paso

A Bandeira Bermeo Hiriko XXXVI. será testemuña da primeira xornada do playoff da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren

A Bandeira Bermeo Hiriko XXXVI. será testemuña da primeira xornada do playoff da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren

A Eusko Label Liga enfrenta o seu derradeiro fin de semana e aínda fican moitas cousas por decidir. O sábado ás 18:00 horas terá lugar a Bandeira Bermeo Hiriko XXXVI.  onde as embarcacións desputarán a súa penúltima regata da tempada. 

Nesa xornada participarán as oito primeiras clasificadas da Eusko Label Liga, as cinco embarcacións que desputan o playoff da Eusko Label Liga e as dúas que vogan no playoff da Liga Euskotren. Polo tanto, un total de 15 embarcacións que farán as delicias dos afeccionados no sempre especial campo de regatas de Bermeo. 

As tripulacións da Eusko Label Liga vogarán en formato de liña con catro longos e tres ceavogas, repartidas en dúas quendas e en base á clasificación xeral, polo que na primeira quenda estarán: Ondarroa Cikautxo, Donostiarra, Cabo e Santurtzi Iberdrola; e na quenda de honra vogarán Orio Babyauto, Zierbena Bahías de Bizkaia, GO fit Hondarribia e Urdaibai Avia.

No que se refire ao playoff masculino, as cinco embarcacións participantes farano en formato de contra o reloxo, tamén con catro longos e tres ceavogas. A orde de saída entre San Juan Sumelec, San José XV Astillero, Samertolameu Oversea, Lekitarra Elecnor e Ares decidirase no sorteo da reunión de delegados. No caso do playoff feminino Hondarribia Bertako Igogailuak e Donostiarra realizarán en formato contra o reloxo dous longos con unha única ceavoga na orde que dictamine o sorteo. 

A vitoria do ano pasado foi para a Ama Guadalupekoa, quen tamén ostenta o récord do campo de regatas tras pararen no 2014 o crono en 19'16"60.

Na presentación que tivo lugar esta mañá estiveron presentes Agustín Aranburu, presidente de Urdaibai Avia e a alcaldesa da localidade Idurre Bideguren.

Consulta o dossier da regata 

Voltar