Novas

ESPECIAL

16 Set 2020

Bermeo abre os derradeiros asaltos

Bermeo abre os derradeiros asaltos

O sábado desputarase a Bermeo Hiriko XXXVIII. Ikurriña – Avia Sari Nagusia e a primeira xornada dos playoffs de ascenso

Estamos xa ben dentro de setembro e a Bandeira da Concha xa se desputou, o que quere dicir que a tempada de remo está moi próxima ao remate. Apenas restan dúas xornadas de competición nas que aínda hai moitas cousas por se decidir. Bermeo acollerá o primeiro asalto desta fin de semana coa desputa no sábado da Bermeo Hiriko XXXVIII. Ikurriña – Avia Sari Nagusia.

Para encetar a xornada, a partir das 18:20, porase en xogo a primeira xornada dos playoffs de ascenso da Liga Euskotren e da Liga Eusko Label. Hibaika Jamones Ancín, Tolosaldea Arraun Kluba, Cabo e Hondarribia Bertako igogailuak pelexarán en formato contra o reloxo cubrindo unha distancia de milla náutica e media (2.778 metros) con dous longos e unha ceavoga. A seguir chegará a vez do playoff da Liga Eusko Label, onde SDR Pedreña Grupo Dynasol, Sanpedrotarra A.E., Samertolameu Oversea, Tirán Pereira e Zarautz Babyauto desputarán a primeira das dúas xornadas de promoción á procura dos dous postos na máxima categoría do remo, nun percorrido en formato contra o reloxo de tres millas náuticas (5.556 metros) con catro longos e tres ceavogas.

O plato forte do día chegará coa desputa da penúltima bandeira da tempada, onde os oito primeiros clasificados da Liga Eusko Label loitarán por esta prestixiosa ikurriña. As dúas quendas estarán divididas en base á clasificación xeral, polo que na primeira estarán Lekittarra Elecnor, Cabo, Donostiarra Amenabar e Zierbena Bahías de Bizkaia; e na quenda de honra teremos a Bermeo Urdaibai Avia, Orio Arraunketa Elkartea, GO fit Hondarribia e Santurtzi Transportes y Grúas Aguado.

Esta mañá presentouse a bandeira no Museo do Pescador de Bermeo, onde o alcalde de Bermeo, Aritz Abaroa, indicou: “este ano viviremos a regata de Bermeo de xeito diferente: sen ambiente festivo e sen os afeccionados e as afeccionadas que enchen de cores as nosas rúas. Sen aglomeracións, gozaremos coa mesma intensidade que todos os anos esta competición de primeirísimo nivel. Sabemos que o esforzo que fagamos este ano pagará moito a pena, xa que non condicionaremos o noso futuro”.

Con isto, Abaroa lembrou que “o día da regata, a partir das 15:00 horas, o paso de peóns e de vehículos estará totalmente prohibido a partir de ‘Frantxua’, o ‘Rompeolas’ e do peirao”.

Voltar