ACT TV 2023

ESPECIAL

16 Set 2023

Bandeira e Liga para Bermeo Urdaibai

Bandeira e Liga para Bermeo Urdaibai Bandeira e Liga para Bermeo Urdaibai

A festa en Bermeo foi completa. A traiñeira local gañou a Bermeo Hiriko XLI Ikurriña-BTWC Bermeo Tuna World Capital que non gañaban dende 2016, ademais de conseguiren a novena Coroa CaixaBank 

Bermeo Urdaibai levou a vitoria na casa e gañou así a Liga Eusko Label 2023. Os biscaínos mantiveron un duelo realmente axustado coa Donostiarra até o último longo. Ambas traiñeiras precisaron o mesmo tempo para chegaren a todas as ceavogas e a regata decidiuse no último longo a favor dos campións de Liga. Máis unha vez, a tripulación da Bou Bizkaia foi superior aos seus rivais, con unha vantaxe de 5 segundos sobre os seus perseguidores.

Zierbena Bahías de Bizkaia non deu aguantado e chegou á primeira ceavoga cunha perda de 3 segundos. No final, achegouse á Donostiarra, que se descolgaba de Urdaibai, para pelexar pola segunda praza, que finalmente foi para Amenabar Donostiarra Ur Kirolak. A cuarta praza da xornada foi para Orio Orialki, que competiu na segunda quenda.

Grazas á vitoria Bermeo Urdaibai suma 194 puntos na clasificación xeral e a falta dunha regata, proclamouse campión grazas aos trece puntos de vantaxe sobre Hondarribia (181). Zierbena Bahías de Bizkaia é terceira cun punto menos que a Ama Guadalupekoa, polo que na regata de mañá decidirase o subcampión da Liga Eusko Label 2023.

Voltar