Novas 2017

ESPECIAL

04 Xul 2017

Baixo a luz dos focos

Baixo a luz dos focos

Volta a ‘Eusko Label Liga por Dentro’ unha tempada máis con vídeos que nos amosarán todo o que rodea a máxima categoría do remo

Coa chegada dunha tempada da Eusko Label Liga, chega tamén unha das seccións que nos leva acompañando durante as últimas tempadas. Coa ‘Eusko Label Liga por Dentro’ todos os afeccionados poderán coñecer máis sobre varios aspectos ligados coa organización da competición e o traballo diario dos clubs que compiten nela.

Para a estrea desta sección esta tempada, veremos un dos labores que hai que facer ao comezo da tempada: a sesión de fotos cos remeiros. Durante toda a xornada do sábado e do domingo un grupo de remeiros de cada equipo foi desfilando por diante das nosas cámaras para ficaren inmortalizados.

Voltar