ACT TV 2016

ESPECIAL

20 Set 2016

Avaliacións da tempada (I)

Avaliacións da tempada (I)

Os equipos que pelexaron a tempada toda na segunda tanda, achégannos as valoracións da Liga San Miguel 2016

Unha nova edición da Liga San Miguel chegou ao seu fin, e tanto os remeiros como os corpos técnicos que compoñen a liga, gozan dunhas merecidas vacacións antes de afrontaren a tempada vindeira. Porén, chegou o momento de que cada equipo medite sobre a tempada que fixo.

No día de hoxe, traemos as avaliacións dos equipos que brindaron unha espectacular segunda quenda aos amantes do remo. Unha segunda quenda igualadísima na que as catro embarcacións tiveron que se superar en cada regata na procura de batiren aos seus adversarios. Así, Alfonso Diaz, patrón de Cabo; Jonathan Castanedo, patrón de Astillero; Kevin González, remeiro de Tirán Pereira; e Irakoitz Etxebarria, patrón de Orio Babyauto, dannos a súa perspectiva da tempada 2016.

Voltar