Novas 2013

ESPECIAL

14 Dec 2013

AUSTRAL VESTIRÁ OS LÍDERES DA LIGA SAN MIGUEL

AUSTRAL VESTIRÁ OS LÍDERES DA LIGA SAN MIGUEL

O sábado 14 de decembro celebrouse en Zamudio a 6ª Asemblea Xeral Ordinaria da ACT na presente campaña 2013.

Neste encontro asembleario salientaron os seguintes puntos:

 

            · Lectura e aprobación da acta anterior (Bermeo): Aprobación da acta da anterior Asemblea celebrada en Bermeo o pasado mes de setembro.

 

            · Presentación pola Xunta Directiva aos socios dos aspectos ligados á xestión asociativa, incluídos os económicos, durante o cuarto trimestre do exercicio 2013.

 

            · Aprobación de varios aspectos referentes á normativa da Asociación que se actualizarán proximamente na Web: pesos e medidas de embarcacións, sistema de escolla de calendario, etc.

 

Finalmente a Asociación aprobou un acordo de colaboración coa empresa Austral, empresa adicada ao sector téxtil deportivo. Con este acordo, Austral vestirá os patróns líderes da Liga San Miguel: Líder da Clasificación Xeral e Líder da Clasificación La Caixa ao mellor patrón. Austral tamén se fará cargo do chaleque que levará a patroa do equipo que lidere a Liga Euskotren.

Voltar