Novas

ESPECIAL

05 Out 2020

Asier Puertas adestrará a Zarautz Babyauto

Asier Puertas adestrará a Zarautz Babyauto Asier Puertas adestrará a Zarautz Babyauto

O adestrador de Orio faise cargo da Enbata para a tempada 2021

Zarautz Babyauto pechou unha boa tempada no seu regreso á máxima categoría do remo logrando a permanencia nas dúas xornadas do playoff da Liga Eusko Label. Así que finalizou a campaña de remo, o club guipuscoano anunciou que Gari Uranga non continuará a adestrar a Enbata na vindeira tempada na loita pola Coroa CaixaBank.

O encargado de liderar o novo proxecto de Zarautz Babyauto para o 2021 vai ser Asier Puertas. Como remeiro, o oriotarra remou en Orio Arraunketa Elkartea e GO fit Hondarribia, e precisamente no club bidasoarra estivo durante os últimos tres anos como adestrador da segunda traiñeira dos verdes. Con Asier Puerta, a Enbata afrontará unha nova tempada na Liga Eusko Label, onde tentará asentar na categoría despois dun primeiro ano no que tivo que loitar até a última pada para se manter na elite do remo.

Voltar