Novas 2018

ESPECIAL

27 Xu˜ 2018

Arranca a nova era da Liga Euskotren

Arranca a nova era da Liga Euskotren

Este fin de semana, Portugalete e Zierbena serán testemuñas do comezo dunha Liga Eusktoren que chega con importantes mudanzas 

Se o domingo encetabamos a Eusko Label Liga con unha espectacular igualdade en augas de Bilbao, este fin de semana arriará estachas tamén a Liga Euskotren. Unha Liga Euskotren que esta tempada chega con importantes novidades, xa que o calendario da máxima competición feminina pasa de oito a 14 xornadas. Ademais, todas as xornadas da liga regular terán premios económicos para as súas participantes. E no relativo á normativa, un dos aspectos novidosos será que a partir desta tempada, as tres primeiras clasificadas terán un posto asegurado na vindeira campaña, mentras que a cuarta clasificada terá que desputar un playoff en Bermeo e Portugalete. 

Así, este sábado a partir das 18.00 horas darase o bandeirazo de saída ao playoff de acceso á Liga Euskotren coa Bandera Ayuntamiento de Sestao, mentres que o domingo ás 11.45 horas será a vez da III Bandera Petronor. Dous encontros que se desputarán en formato contra o reloxo e na que as 12 embarcacións sairán de minuto en minuto. Daquela, as catro mellores embarcacións destas dúas xornadas serán as que se fagan con un pase para remaren ao longo de todo o cantábrico e atlántico durante 14 xornadas. Entre as traiñeiras que optarán a estaren na elite do remo, atópanse A Pobra – Cabo, Deusto Tecuni Bilbao, Gu Arraun, Donostiarra, Hernani Iparragirre Sagardotegia, Hibaika Jamones Ancin, Hondarribia Bertako Igogailuak, Kaiku Producha, Lea Artibai Cikautxo, Orio Babyauto, Tolosaldea e a vixente campioa, San Juan Iberdrola. Cómpre sinalar, que como campioas da Liga Euskotren 2017, con ficaren nunha das dúas probas entre as cinco primeiras, as ‘Batelerak’ terían o posto salvado. 

Voltar