Novas 2022

COMPETICION

26 Ago 2022

Ares e Boiro pecharán o segundo mes de competición

Ares e Boiro pecharán o segundo mes de competición Ares e Boiro pecharán o segundo mes de competición

Despois das dúas xornadas da fin de semana, a Liga Eusko Label ficará coas 8 mellores traiñeiras de cara á última fin de semana

Esta fin de semana, a Liga Eusko Label competirá en augas galegas. Concretamente nas rías de Ares e da Arousa, coa desputa da XV Bandeira Concello de Ares e XXXII Bandeira Concello de Boiro. Con estas dúas xornadas, a competición ficará cos oito primeiros clasificados de cara á derradeira fin de semana. 
 
A fin de semana comezará o sábado 27 de agosto ás 18:13 horas coa desputa da XV. Bandeira Concello de Ares. Será a cuarta ocasión na que a localidade acolle a máxima categoría do remo de banco fixo.
 
O sábado, os últimos catro equipos da clasificación da Coroa CaixaBank comezarán a vogar na primeira quenda: CR Ares, Lekittarra Elecnor, Itsasoko Ama – Sotera e Ondarroa Cikautxo. Na segunda quenda vogarán CR Cabo da Cruz, Zierbena Bahías de Bizkaia, Kaiku Berez Galanta e Getaria Arraun Elkartea, mentres que pecharán a xornada as catro mellores traiñeiras da Liga Eusko Label, Orio Orialki, Amenabar Donostiarra Ur Kirolak 100, Matrix Hondarribia e Bermeo Urdaibai.
 
No domingo en Boiro, desputarase un dos encontros típicos do calendario da Liga Eusko Label. Desputarase a XXXII Bandeira Concello de Boiro, onde as dúas últimas vitorias caeron do lado da Itsasoko Ama – Sotera. Bermeo Urdaibai tamén conseguiu dúas vitorias nos últimos anos, e Orio Orialki no 2019. As quendas do domingo serán en base á clasificación xeral tras da desputa da XV. Bandeira Concello de Ares.

Voltar