Novas 2017

ESPECIAL

14 Xul 2017

Ares e A Coruña estréanse na Eusko Label Liga

Ares e A Coruña estréanse na Eusko Label Liga

Esta fin de semana, os campos de regatas das dúas localidades coruñesas estréanse na máxima categoría das traiñeiras
 

Esta fin de semana, os 12 clubs que compiten por facérense coa Coroa Caixabank encóntranse na Coruña e Ares, para desputaren a quinta e sexta xornadas da Eusko Label Liga. É a primeira vez que a nosa competición se encontra nestes dous campos de regatas. Na xornada do sábado, que terá lugar na Coruña a partir das 18.00 horas, estará en xogo a Bandeira Cidade da Coruña. A do domingo, porén, celebrarase en Ares, e nela, as traiñeiras participantes loitarán por conseguiren a X. Bandeira Concello de Ares.

Despois das dúas xornadas desputadas a fin de semana pasada, Urdaibai Avia mantén o liderado. Con 44 puntos posicionase á cabeza da clasificación xeral da Eusko Label Liga 2017. De perto, con dous puntos de desvantaxe, ségueo a ‘Ama Guadalupekoa’ de Hondarribia, e no terceiro posto, a un punto dos bidasoarras, posiciónase Orio Babyauto. Kaiku Producha é quen ocupa o cuarto posto, e quen completa a quenda de honra, con 34 puntos. Na parte media da clasificación, están, Ondarroa Cikautxo, a 10 puntos da ‘Bizkaitarra’, Tirán Pereira con 23 e un grupo composto por San Juan Sumelec, San Pedro e Zierbena Bahías Bizkaia que comparten a mesma cantidade de puntos, 22. Na décima e décimo primeira posición están Cabo e Ares, con 18 e 16 puntos respectivamente. Por último, con catro puntos, está Astillero, que pecha a clasificación xeral.

En canto á clasificación CaixaBank ao Mellor Patrón, o primeiro posto, con oito puntos, é para o hondarribiarra Ioseba Amunarriz. En segundo lugar, con catro puntos, posiciónase o patrón da ‘Bou Bizkaia’ Vicente Carpintero, e o terceiro posto é para o ‘agilucho’ Gorka Aranberri. Oscar Hermo (Cabo), cos mesmos puntos que Aranberri, 3, posiciónase no cuarto lugar. Tras el, están Iker Gimeno (Kaiku Producha), Ivan Gomez (Astillero), David Alvarez (Tirán Pereira) e Daniel Garcia (Cabo).

A proba do sábado celebrarase, por primeira vez, nas augas do océano atlántico que bañan o municipio galego da Coruña. As quendas desta regata definiranse segundo a clasificación xeral da liga. Daquela, na primeira quenda estarán Astillero, Ares, Cabo e Zierbena Bahías Bizkaia. Na segunda quenda sairán San Pedro, San Juan Sumelec, Tirán Pereíra e Ondarroa Cikautxo. Por último, na quenda de honra loitarán Kaiku Producha, Orio Babyauto, Hondarribia e Urdaibai Avia.

Por outra banda, a regata do domingo trasladarase a Ares. Ao igual que a regata do sábado desputarase en liña, e as quendas definiranse segundo a clasificación conseguida na xornada da véspera. A IX. Bandeira Concello de Ares, desputada no ano pasado, foi unha xornada da LGT A. Nesta regata a vitoria fora para Ares, que parou o tempo en 20’40”41. O seguinte posto, con unha desvantaxe de 16”43, foi para S.D. Samertolameu. A terceira posición foi ás mans de C.R. Puebla con un tempo de 21’02”88.

Consulta o dossier da Bandeira Cidade da Coruña e a X Bandeira Concello de Ares.
 

Voltar