Novas 2012

COMPETICION

29 Xu˜ 2012

ANÁLISE XORNALISTICA DA LIGA SAN MIGUEL

ANÁLISE XORNALISTICA DA LIGA SAN MIGUEL

Análise de catro especialistas sobre a nova tempada

GAIZKA LASA

‘El Diario Vasco’

“Até 7-8 traíñas poden conseguir bandeiras; son moitas”

Creo que se vai repetir a tendencia da tempada pasada. Grande competitividade e igualdade, e os descoidos han pagarse moi caros. Kaiku e Urdaibai son os grandes favoritos, pero Hindarribia e Tirán tamén poden entrar na loita por levar bandeiras. O nivel medio da Liga aumentou considerabelmente, e iso aumentará o espectáculo. É posíbel que as dúas embarcacións de Pasaia, e as cántabras Astillero e Pedreña opten a conseguir algún trapo, o que nos daría 7-8 traíñas capaces de gañar unha bandeira. Son moitas traíñas e máis espectáculo. Atención ao factor mar, que creo que vai ser importante.

No que respecta á posíbel sorpresa, inclinaríame por San Pedro, aínda que de sorpresa xa ten pouco. Fixo grandes regatas en Bilbao e no pantano de Alloz, e amosaron que están moi fortes. Quizais non é favorito, pero vai dar máis dun susto. En canto ás recén ascendidas, creo que Portugalete se manterá sen problemas, porque ten un bo plantel. Creo que poden aspirar a se meter na segunda quenda. Máis complicado teno Zierbena. A tempada pasada foi 2. e 3. na ARC, e iso é indicativo de que é un dos clubs máis humildes da Liga San Miguel.

Remato cun repaso do remo guipuscoano, cuxa saúde e futuro é bo. Guipúscoa ten catro representantes na elite, a cifra máis baixa en anos, pero iso non quere dicir que haxa crise. Orio vogará este ano na ARC pero ten todas as papeletas para voltar ao seu lugar natural, a Liga San Miguel. Ademais, Trintxerpe e Donostiarra veñen empurrando dende a ARC-2. Os clubs teñen moita estabilidade, e realizan un grande traballo de canteira. Ese traballo adoita dar froitos, e seguiraos a dar.

 

 

RAMÓN BASALDUA

Locutor Bizkaia Irratia

“Kaiku é a favorita, porque mantivo e reforzou a cuadrilla”

As análises que se fan a principio de tempada teñen boa intención, pero despois o mar decide onde pór cada embarcación. Dito iso, eu tamén apuntaría os nombres que están na boca de todos. Kaiku, Hondarribia e Urdaibai. Kaiku sería o máximo favorito, xa que mantivo e reforzou a cuadrilla. O remo, porén, ten moitos condicionantes. Hondarribia tamén está forte. Gañou un ano de experiencia, e farano ben. Está por ver o nivel que dará Urdaibai. Realizou moitos trocos, e se ben teñen bo adestrador e boa cuadrilla, será difícil para eles manter o mesmo nivel das dúas últimas tempadas.

Entre as traíñas que poden dar a sorpresa, inclínome por Pasai Donibane. Despois de pasaren anos cativos, fixeron as cousas ben, e volveron estar entre os mellores. Creo que este ano tamén van dar boa imaxe. Gustaríame subliñar a importancia que vai ter o mar esta tempada. Afixémonos a augas tranquilas, pero o traballo en mar aberto será crucial. No que respecta aos recén ascendidos, opino que Portugalete se manterá na Liga San Miguel sen moito apuro. Tiñan bo equipo o ano pasado, e téñeno este ano. Aizperro moveuse ben. Zierbena terao máis complicado, e Zumaia tamén terá que vixiar de perto os postos máis quentes. A loita por se mantener na elite será moi dura.

Remato cunha breve análise da saúde do remo biscaíno. Creo que é boa. Biscaia nunca tivo tantos representantes na Liga San Miguel, e os clubs que están na ARC tamén están abeirando un grande nivel. Mirando para a canteira, vemos que os mozos de Mundaka foron donos e señores do Cantábrico. O futuro trae nubeiros negros en forma de crise. Intúo que a política de fichaxes rematou, e que non haberá máis remedio que traballar coa canteira. Quen máis acerte nese labor levará o gato á auga.

 

 

IÑIGO FERNÁNDEZ

Xornalista

“O normal é que o ciclo biscaíno continue”

Creo que imos asistir a unha continuación do ciclo iniciado en 2009, de dominio biscaíno. Kaiku e Urdaibai levaron todo dende ese ano, e o normal é que ese ciclo continúe, polo menos esta tempada. Dende 1970, no remo mandan os ciclos. Primeiro foi Orio (1970-1975), despois Kaiku e Santurce (1976-1982), mas tarde Zumaia (1983-1987), San Juan-San Pedro (1988-1995)... Entre o 2001 e o 2008 dominaron as traíñas de Cantabria, con Castro e Astillero como principais protagonistas. Agora é o tempo das tripulacións de Biscaia. Despois comezará outro ciclo, aínda que é difícil precisar cando. Pode que o seguinte o protagonicen as embarcacións guipuscoanas, se se mantén a perda de ingresos económicos por parte dos clubs e, como consecuencia diso, gañan protagonismo as tripulacións feitas na casa.

No que respecta ás traíñas cántabras,En lo que respecta a las traineras cántabras, penso que este ano ningunha delas está para gañar regatas.Quizais o máximo ao que poidan aspirar sexa a conseguir unha praza na quenda de honra. Non sería mal resultado para ningunha delas. Con todo, o máis importante é manterse na elite, porque só dende esa posición se poderán dar os primeiros postos no futuro.

Quen delas estará máis forte? É complicado precisalo, aínda que pode que Pedreña, a xulgar polos resultados das regatas celebradas até agora. Competir na segunda quenda e clasificarse para a Concha sería un excelente balanzo para calquera delas. Mesmo a simple permanencia habería que a ver como un resultado aceptábel. 

Para iso, adoitan ser decisivas as primeiras regatas. Quen aspira a gañar debe alcadar o seu mellor momento a finais de agosto e primeiros de setembro, pero para aquelas tripulacións cuxo obxectivo é evitar o descenso as regatas de xullo son determinantes. Dende que se instituiu a liga, esta foi unha regra de ouro. E quizais este ano tamén o sexa.

 

 

CHARO LÓPEZ

Periodista

“Resistir é vencer”

Tirán é a resistencia galega entre os grandes. Que ninguén se despiste porque vai pelexar por manterse e dar algunha alegría á súa afección. Dani Fandiño ten un plantel sincronizado e potente. As novas altas son garantías, e aínda que varios remeiros da zona das Rías Baixas probaron sorte para poder competir cos do Con, o adestrador mantén o bloque. Quen queira remar no máis alto vai ter que facer marabillas para atopar un oco entre os vinte e un escollidos. Sería máis doado e máis interesante entraren embarcacións enteiras. Nun país con ampla tradición de traíñas e con seguemento popular sabe a pouco unha soa embarcación na liga das estrelas.

Desde os seus comezos pasaron pola ACT cinco clubs galegos: Tirán, Samertolameu de Meira, Mecos e Cabo da Cruz. E aínda que nesta tempada Tirán sexa a única embarcación vogando no máis alto, esta situación pode mudar en vindeiras edicións, porque na primeira Liga Galega hai varias embarcacións candidatas ao ascenso, dispostas a lle negar o monopolio galego que manteñen os de Moaña. Amegrove, de querer, desde logo podería facer un moi bo papel: na Concha pasou por diante de cinco traíñas da Liga San Miguel. Tamén Chapela e Cabo, que xa o intentaron no último play-off de ascenso, sen sorte por agora. Meira, actualmente adestrada por José Francisco, o ex-adestrador de Urdaibai, pelexa nun nivel similar. E aínda podería dar a sorpresa Vilaxoán, que á mínima cólase na quenda de honra.

Con todo, se ben embarcacións na ACT non hai por agora máis que unha, remeiros galegos, ainda hai un bo feixe deles emigrados. En clubs cántabros catorce: seis en Castro, tres en Pedreña e cinco en Astillero. E en clubs vascos sete: un en Ziérbena, dous en Kaiku e catro en Urdaibai.

A situación económica non permite a profesionalización dos clubs galegos, pero para quen sempre viviu en crise non mudaron tanto as cousas. Agora, o que podería pasar é que algúns -principalmente cántabros- se desprofesionalicen un pouco, por non poderen manter o nivel de fichaxes e non contar con amplas canteiras militantes dispostas a remar por amor ao deporte. Iso beneficiaría ao remo galego, xa que probabelmente volvesen para a casa varios remeiros. Ademais, igualaríanse máis as condicións e aumentaría a presenza de clubs atlánticos na Liga, xa que o salto que teñen que dar os catro mellores da Liga Galega non é tanto deportivo como económico.

A austeridade institucional decidiu que da SD Tirán, como de todas as cousas importantes, tamén se podía “recortar”, así que a Deputación reduciu de 15.000 a 6.000 euros o seu aporte ao club. A Xunta pasou de 17.000 a 8.000 euros. Porto de Vigo non pagou os 5.000 euros do ano pasado e rebaixou a cantidade para este ano a 1.500.

Poderían pasear turistas acomodados na quilla da traíña durante os adestramentos, ou aproveitar a potencia dos ergómetros para producir enerxia eléctrica e aforrar a factura da luz. Pouco lles falta aos de Moaña: O aval para participar na Liga garánteno co seu patrimonio persoal os membros da directiva. O único pagamento que reciben os remeiros é o reparto de premios.

E neste contexto cuestionouse tamén a axuda de 30.000 euros que a ACT ofrece para os desprazamentos. Responsabelmente o debate adiouse para o remate da tempada. Porén o ruxe-ruxe mancou a afección. Non é ningunha obra de caridade, nin van as embarcacións galegas a pedir esmola. É unha cuestión de xustiza esixir un mínimo de equilibrio nas condicións de partida, si realmente se quere permitir a participación galega na competición.

Voltar