ACT TV 2016

ESPECIAL

27 Xu˜ 2016

Andar nas nubes con Txikon

Andar nas nubes con Txikon

Alex Txikon pon a proba a Asier Zurinaga e a Ioseba Amunarriz no que foi o vídeo de presentación da Liga San Miguel 2016

Ioseba Amunarriz, dous Trofeos CaixaBank ao mellor patrón e tres Liga San Miguel. Asier Zurinaga, dous Trofeos CaixaBank e catro Liga San Miguel. Son rivais dentro e fóra da auga e sempre que se xuntan un quere superar ao outro. A rivalidade entre os dous patróns na auga está servida, pero desta vez, non se bateron no mar. O experimentado aventureiro Alex Txikon, puxo a andar entre as nubes aos patróns da 'Ama Guadalupekoa' e da 'Bizkaitarra'.

1,7 kilómetros de carreira con un desnivel brutal, escalada e rápel. Esas foron as probas que o aventureiro lemoarra tiña preparadas para os patróns. Lonxe de se amedrentaren, ambos aceptaron o reto de Txikon e puxéronse mans á obra con tres probas moi explosivas que requerían moito esforzo para rematar.

Ademais do reto, os patróns puideron coñecer o material que utiliza Txikon para as súas aventuras. Arneses, botas, cordas, abrigos...Un auténtico arsenal para as mil e unha batallas que afronta o montañeiro.

Neste vídeo, resumimos o que deu de si o reto entre Ioseba e Asier. Quen será o vencedor fóra da auga? 

Voltar