Novas 2016

ESPECIAL

17 Ago 2016

Amor pola tinta

Amor pola tinta

As tatuaxes invadiron boa parte das embarcacións da Liga San Miguel e hoxe coñecemos algunhas

Vivimos nunha sociedade na que a cultura da tatuaxe cada día está a sumar máis adeptos. E isto, pouco a pouco, está a se transmitir no mundo do remo. Se hai uns anos eran moi poucos os remeiros que podiamos atopar tatuados, hoxe é raro ver algunha embarcación na que haxa alguén sen tinta inxectada nos seus brazos. Neste novo capítulo da ‘Liga San Miguel por Dentro’ , coñecemos algunhas das tatuaxes que invaden os corpos de moitos dos protagonistas do verán. Hainas de todo tipo, pero a grande maioría teñen relación coa súa grande paixón: o remo e o mar. Con cal te quedas?

Voltar