Novas 2012

COMPETICION

20 Xul 2012

AMBILAMP E ÉXITO DA WEB DA ACT

AMBILAMP E ÉXITO DA WEB DA ACT

Esta fin de semana arranca a promoción de Ambilamp nas regatas da Liga San Miguel 2012

Esta fin de semana arranca a promoción de Ambilamp nas regatas da Liga San Miguel 2012. Os seareiros que se acheguen á carpa da Asociación para a reciclaxe de lámpadas poderán conseguir un estupendo regalo: por unha lámpada de aforro ou tubo fluorescente fundido Ambilamp regalará a camiseta e a gorra da Liga San Miguel; se non se presenta lámpada o seareiro terá a oportunidade de conseguir a gorra da Liga poñendo a proba os seus coñecementos sobre a reciclaxe.

 

Por outro lado, as audiencias da Web da ACT melloran cada tempada. Durante o mes de xuño a páxina da ACT recibiu máis de 15.000 visitas de diferentes usuarios que consultaron máis de 200.000 páxinas da web www.ligasanmiguel.com. Este mes de xullo rexistra ata a data máis de 25.000 entradas de diferentes usuarios con máis de 300.000 páxinas visitadas. As páxinas máis visitadas son as de resultados e calendario, seguidas polas novas e entrevistas de actualidade que a ACT empezou a publicar esta tempada. Así mesmo, son destacables as cifras de visitas que reciben os clubs (equipos), e as fotos das regatas.

Voltar